Valoraranse aspectos como a orixinalidade e creatividade do proxecto empresarial, a diferenciación e posicionamento da empresa respecto da competencia e o uso de espazos de coworking.
Valoraranse os investimentos realizados pola empresa en innovación, o desenvolvemento de produtos, servizos e/ou procedementos innovadores.
Valoraranse as medidas implantadas en prol de igualdade, do medio ambiente, as actuacións de voluntariado, de apoio á comunidade e ás ONG, colaboracións altruístas, o uso do galego como lingua vehicular nas súas comunicacións internas e externas e demais medidas que redunden nun beneficio para a sociedade.
Valorarase o vídeo de candidatura [formato horizontal, duración máxima de 3 mins. e resolución mínima de 1.080 píxeles] no que se realice a presentación da empresa, claridade na descrición dos produtos/servizos que oferta, motivación da idea empresarial, motivos polos que a candidatura merece ser gañadora, e demais aspectos destacables da candidtura.