Estás en:Emprego Liñas PEL - Convocatorias

Liñas PEL - Convocatorias

conjuntoDiputaciónPEL.png

O Plan de Emprego Local (PEL) da Deputación da Coruña apoia ao tecido empresarial da provincia co obxectivo de acadar uns maiores niveis de desenvolvemento económico, de calidade no emprego, de benestar social e de cohesión do territorio.


CADRO RESUMO AXUDAS PEL 2026


Preguntas frecuentes 2026   


Sesión informativa VER VIDEO 

 

Cartel publicitario PEL PDF PNG

PEL-CONCELLOS: Programa de subvencións á contratación de persoal para a execución de obras e servizos municipais dos concellos da provincia da Coruña.

Finalidade

Axudas á contratación de persoas desempregadas para a prestación de servizos municipais imprescindibles. 

A finalidade destas axudas é subvencionar os custos de contratación de persoas desempregadas en risco de exclusión laboral nos distintos concellos e que se contraten expresamente para a realización de traballos necesarios para a prestación de servizos municipais básicos, acordes ás competencias definidas nos artigos 25 e 26 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local.

Convocatoria 2026

Histórico

PEL-AUTÓNOMOS/AS: Programa de subvencións de apoio ao emprendemento a través do financiamento das cotas sociais e/ou do alugueiro de oficinas, baixos comerciais ou centros de traballo a persoas autónomas.

Finalidade

A finalidade destas axudas é o fomento do emprendemento e o traballo por conta propia nos municipios da provincia da Coruña de menos de 10.000 habitantes poñendo en marcha mecanismos necesarios para a supervivencia e o fortalecemento do tecido empresarial autónomo.

Estas axudas teñen por obxecto sufragar parte das cotas da Seguridade Social e/ou financiar o alugueiro de oficinas, baixos comerciais ou centros de traballo a persoas autónomas.

Ficha informativa

Convocatoria 2026

Histórico

PEL-EMPRENDE INVESTIMENTO: Programa de subvencións á consolidación e ao fortalecemento do tecido empresarial nos concellos da provincia da Coruña a través do apoio ao investimento en bens inventariables.

Finalidade

A finalidade destas axudas é contribuír á consolidación e ao fortalecemento do tecido empresarial nos concellos da provincia da Coruña con poboación inferior a 10.000 habitantes, a través do apoio ao investimento en bens inventariables de pequenas, medianas empresas, microempresas e persoas autónomas.

 

Ficha informativa 

Convocatoria 2026

Histórico

PEL-PEMES CREACIÓN AMPLIACIÓN DO CADRO DE PERSOAL: Programa de subvencións á contratación para a creación e ampliación do cadro de persoal de pequenas, medianas empresas, microempresas e persoas autónomas.

Finalidade

A finalidade destas subvencións é apoiar ás pequenas, medianas empresas, microempresas e persoas autónomas dos concellos da provincia da Coruña con poboación inferior a 20.000 habitantes para a contratación laboral dun/dunha traballador/a.

Cada empresa poderá solicitar a subvención para a contratación dun/unha traballador/a durante un período de 12 meses, durante os cales a subvención cubrirá como máximo o 60% dos custos salariais e de seguridade social da persoa traballadora.

O contrato poderá ter unha duración superior a 12 meses, pero a subvención cubrirá unicamente os custos correspondentes aos meses do contrato incluídos dentro da anualidade 2026.

O período subvencionable comprenderá gastos salariais e de seguridade social das contratacións iniciadas na anualidade 2026 e que teñan unha duración mínima de 6 meses.

Ficha informativa

 Convocatoria 2026

Histórico

PEL-PEMES CREACIÓN AMPLIACIÓN DO CADRO DE PEL-PEMES MANTEMENTO DO CADRO DE PERSOAL: Programa de subvencións para o mantemento da contratación en pequenas, medianas empresas microempresas e persoas autónomas.

Finalidade

A finalidade das subvencións é apoiar ao tecido empresarial provincial para o mantemento do posto de traballo laboral indefinido creado con cargo ás axudas á contratación para a creación e ampliación do cadro de persoal de pequenas, medianas empresas, microempresas e persoas autónomas (PEL-Pemes Creación e Ampliación 2025).

O período máximo subvencionable será de 12 meses (de xaneiro a decembro de 2026), polo que se subvencionarán exclusivamente os gastos salariais e de seguridade social correspondente aos meses do mantemento da contratación incluídos dentro da anualidade 2026. A contía máxima da subvención a conceder será o 50% dos custos estimados de contratación.

Ficha informativa

Convocatoria 2026

Histórico

 Logo_DepPEL_Azul.png ministerio.gif   logo-ue-fondo-social.png

Visítanos en   Chámanos ao 981 415 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X