PEL-EMPRENDE Actividades
Presentación
A finalidade destas axudas é contribuír á consolidación e ao fortalecemento do tecido empresarial nos concellos da provincia da Coruña a través do apoio para a realización de actividades e/ou actuacións relacionadas cos ámbitos da responsabilidade social empresarial, marketing e comunicación e competitividade e expansión.
Terán a consideración de gastos subvencionables aqueles que respondan á natureza da actividade subvencionada, resulten estritamente necesarios e teñan relación directa co desenvolvemento da actividade da empresa.
Destinatarios
Os/as destinatarios/as destas axudas son pequenas, medianas empresas, microempresas e persoas autónomas promotoras de iniciativas empresariais no ámbito provincial da Coruña, que teñan ánimo de lucro e que con anterioridade á data de publicación da convocatoria destas axudas, reúnan os seguintes requisitos:
- Ter domicilio fiscal nalgún municipio da provincia da Coruña.
- Ter actividade económica con ánimo de lucro.
- Ter unha antigüidade máxima de 10anos de exercicio continuado na actividadeempresarial para a que solicita a axuda.
- No caso das persoas físicas, estar dado de alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA) ou calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social, ou como mutualista dun colexio profesional, cunha antigüidade ininterrompida máxima de 10anos anteriores á data de publicación.
- No caso das persoas xurídicas, a data de constitución da empresa, atendendo á data da primeira inscrición no Rexistro Público correspondente, debe ter unha antigüidade ininterrompida máxima de 10 anos anteriores á data de publicación.
Non poderán ser entidades beneficiariasdestas axudas as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado,carentes de personalidade xurídica propia.
Tampouco poderán ser solicitantesda axuda as asociacións, os autónomos colaboradores, as sociedades civís en calquera das súas formas xurídicas e as corporacións de dereito público (confrarías, etc.)
Convocatorias pechadas
- 2019
- 2018
- Bases
- Convocatoria
- Logotipo PEL-EMPRENDE ACTIVIDADE
- Resolución pola que se aproba a concesión definitiva de subvencións correspondentes as axudas á consolidación e ao fortalecemento do tecido empresarial da provincia a través do apoio á realización de actividades e/ou actuacións (PEL EMPRENDE ACTIVIDADES 2018)
- Extracto da resolución de Presidencia número 2018/34109 pola que se modifican as bases reguladoras da convocatoria de axudas á realización de actividades e/ou actuacións no desenvolvemento da iniciativa empresarial (PEL-Emprende Actividades 2018)
FAQ
Se te quedaches con dúbidas ou se precisas máis información, entra aquí