PEL-EMPRENDE Investimento

Finalidade | Solicitantes  Convocatoria 2026

Prazo de presentación de solicitudes do 15 de novembro ás 9.00h ao 16 de decembro ás 14.00h

Máis información

Finalidade

A finalidade destas axudas é contribuír á consolidación e ao fortalecemento do tecido empresarial nos concellos da provincia da Coruña con poboación inferior a 10.000 habitantes, a través do apoio ao investimento en bens inventariables de pequenas, medianas empresas, microempresas e persoas autónomas.

Solicitantes

Poderán solicitar estas axudas son pequenas, medianas empresas, microempresas e persoas autónomas promotoras de iniciativas empresariais que estean desenvolvendo unha actividade con ánimo de lucro e reúnan os seguintes requisitos:

  • Ter o domicilio fiscal e, como mínimo, un centro de traballo* nalgún municipio da provincia da Coruña con menos de 10.000 habitantes, que deberá constar no Certificado de Situación Censual da Axencia Estatal da Administración Tributaria no momento de presentar a solicitude.

*Poderán acceder á subvención aqueles/as solicitantes que non dispoñan de centro de traballo, sempre que conste no Certificado de Situación Censual que a actividade se desenvolve fóra dun local determinado ou non exista obriga legal de dispoñer de centro de traballo, e non se soliciten bens de instalación fixa.

  • Con anterioridade á data de publicación da convocatoria: 
    • Estar dado/a de alta nalgunha actividade empresarial e que esta figure recollida no Certificado de Situación Censual da Axencia Estatal da Administración Tributaria.
    • No caso de persoas autónomas, estar dado/a de alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA) ou noutro réxime especial por conta propia da Seguridade Social, ou como mutualista dun colexio profesional.
    • No caso de persoas xurídicas, estar inscritas no Rexistro Mercantil ou no rexistro público correspondente.

Non poderán ser solicitantes as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado, carentes de personalidade xurídica propia.
Tampouco poderán ser solicitantes da axuda, as asociacións, persoas autónomas colaboradoras e as corporacións de dereito público (confrarías...).
As persoas socias ou accionistas dunha sociedade non poderán solicitar unha subvención a título individual se xa a presentaron como parte da sociedade e posúen un 25% ou máis do capital social ou dos fondos propios da mesas, e viceversa; tampouco poderán presentarse sociedades distintas nas que exista coincidencia do 25% ou máis no capital social ou nos fondos propios.

 Logo_DepPEL_Azul.png ministerio.gif   logo-ue-fondo-social.png

Visítanos en   Chámanos ao 981 415 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X