PEL-EMPRENDE Investimento
Presentación
A finalidade destas axudas é contribuír á consolidación e ao fortalecemento do tecido empresarial nos concellos da provincia da Coruña a través do apoio ao investimento en aplicacións informáticas, maquinaria, utillaxe, mobiliario e equipos para proceso de información.
Destinatarios
Os/as destinatarios/as destas axudas son pequenas, medianas empresas, microempresas e persoas autónomas promotoras de iniciativas empresariais no ámbito provincial da Coruña, que teñan ánimo de lucro e que con anterioridade á data de publicación da convocatoria destas axudas, reúnan os seguintes requisitos:
- Ter domicilio fiscal nalgún municipio da provincia da Coruña.
- Ter actividade económica con ánimo de lucro.
- Ter unha antigüidade máxima de 5 anos de exercicio continuado na actividadeempresarial para a que solicita a axuda.
- No caso das persoas físicas, estar dado de alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA)ou calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social, ou como mutualista dun colexio profesional, cunha antigüidadeininterrompida máxima de 5 anos anteriores á data de publicación.
- No caso das persoas xurídicas, a data de constitución da empresa, atendendo á data da primeira inscrición no Rexistro Público correspondente, debe ter unha antigüidade ininterrompida máximade 5 anos anteriores á data de publicación.
Non poderán ser solicitantes as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado, carentes de personalidade xurídica propia.
Tampouco poderán ser solicitantes da axuda, as asociacións, autónomos colaboradores e as corporacións de dereito público (confrarías...).
Os/as socios/as ou accionistas dunha sociedade non poderán solicitar subvención a nivel individual se xa a presentaron como parte da sociedade.
GUÍA RESUMO
Se te quedaches con dúbidas ou se precisas máis información, entra aquí
Convocatorias pechadas
- 2023
- 2022
- Bases
- Convocatoria
- Logotipo
- Resolución de concesión definitiva de subvencións correspondentes ás axudas á consolidación e ao fortalecemento do tecido empresarial nos concellos da provincia da Coruña a través do apoio ao investimento en bens inventariables (PEL-Emprende Investimento 2022)
- Resolución de concesión complementaria de subvencións correspondentes ás axudas á consolidación e ao fortalecemento do tecido empresarial nos concellos da provincia da Coruña a través do apoio ao investimento en bens inventariables (PEL-Emprende Investimento 2022)
- 2021
- 2020
- 2019
- Bases
- Convocatoria
- Logotipo
- Resolución pola que se aproba a concesión definitiva de subvencións correspondentes ás axudas á consolidación e ao fortalecemento do tecido empresarial da provincia a través do apoio ao investimento en bens inventariables (PEL EMPRENDE INVESTIMENTO)
- Modificación das Bases reguladoras da convocatoria de axudas á consolidación e ao fortalecemento do tecido empresarial nos concellos da provincia da Coruña a través do apoio ao investimento en bens inventariables (PEL Emprende Investimento 2019)
- 2018
- Bases
- Convocatoria
- Modificación das bases
- Logotipo PEL-EMPRENDE INVESTIMENTO
- Resolución pola que se aproba a concesión definitiva de subvencións correspondentes ao Programa de Incentivos á consolidación e ao fortalecemento do tecido empresarial da provincia a través do apoio ao investimento en bens inventariables
- 2017