Estás en:Emprego Liñas Liña 3 PEL PEMES

Liña 3 PEL PEMES

Apoio ao tecido empresarial na contratación laboral de persoas no ámbito rural

Programa de axudas para o apoio ao tecido empresarial e a inserción laboral das persoas desempregadas, favorecendo o emprego estable e de calidade no rural das persoas traballadoras con maiores dificultades de inserción laboral nun contexto de proximidade.

_____________________________________________________________________________________________________________________

3.1.  Axudas á contratación para a creación e ampliación do cadro de persoal de pequenas e medianas empresas e microempresas (PEL-PEMES Creación e Ampliación)

Axudas para a realización de novas contratacións en concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes.

A liña PEL Pemes Creación e Ampliación leva repartidos 22.336.776,88 € dende que se creou no ano 2017.

No ano 2023 esta liña destinou 3.491.644,62 € en axudas para a realización de novas contratacións, sufragando os custos de 326 traballadores/as en concellos de menos de 20.000 habitantes.

_____________________________________________________________________________________________________________________

3.2. Axudas ao mantemento do cadro de persoal de pequenas e medianas empresas e microempresas  (PEL-PEMES Mantemento)

Axudas ao mantemento das contratacións indefinidas realizadas ao abeiro das axudas de PEL-PEMES Creación e Ampliación da anualidade anterior.

A liña PEL Pemes Mantemento leva repartidos 6.216.820,65 € dende a súa creación no ano 2018 axudando o mantemento do emprego.

No ano 2023, 1.959.376,60 € foron destinados a este fin, axudando a manter 218 postos de traballo na provincia.

 Logo_DepPEL_Azul.png ministerio.gif   logo-ue-fondo-social.png

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X