PEL-PEMES Mantemento
Finalidade | Solicitantes | Convocatoria 2026
Prazo de presentación de solicitudes do 15 de novembro ás 9.00h ao 16 de decembro ás 14.00h
Finalidade
Axudas ao mantemento da contratación en pequenas, medianas empresas, microempresas e persoas autónomas
A finalidade das subvencións é apoiar ao tecido empresarial provincial para o mantemento do posto de traballo laboral indefinido creado con cargo ás axudas á contratación para a creación e ampliación do cadro de persoal de pequenas, medianas empresas, microempresas e persoas autónomas (PEL-Pemes Creación e Ampliación 2025).
O período máximo subvencionable será de 12 meses (de xaneiro a decembro de 2026), polo que se subvencionarán exclusivamente os gastos salariais e de seguridade social correspondente aos meses do mantemento da contratación incluídos dentro da anualidade 2026. A contía máxima da subvención a conceder será o 50% dos custos estimados de contratación.
Solicitantes
Poderán solicitar estas axudas pequenas, medianas empresas, microempresas e persoas autónomas, beneficiarias da subvención PEL-Pemes Creación e Ampliación 2025, que realizaron a contratación de maneira indefinida inicialmente ou foi transformada a indefinida con carácter previo á presentación da solicitude de axudas PEL-Pemes Mantemento 2026, e que con anterioridade á data de publicación da convocatoria, manteñan os mesmos requisitos establecidos na convocatoria PEL-Pemes Creación e Ampliación 2025.
