AMAdeira
FORMACIÓN PARA UN EMPREGO SOSTIBLE
A Deputación da Coruña, no marco do Plan de Emprego Local 2016-2019, co apoio do Programa Empleaverde da Fundación Biodiversidade do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente e coa cofinanciación do Fondo Social Europeo, pon en marcha o proxecto AMAdeira para a sostenibilidade e posta en valor do castiñeiro.
Este proxecto enmárcase na problemática do paro laboral nas zonas máis despoboadas da provincia. Galicia é unha das Comunidades Autónomas que máis sofre a deserción dalgúns núcleos de poboación. A zona da Comarca de Ortegal é unha das protagonistas deste movemento despoboacional, ten ata 236 aldeas sen ningún habitante. Por este motivo o Concello de Cerdido e a Comarca de Ortegal foron elixidos para desenvolver este proxecto, posto que é na que máis se nota a diminución de poboación.
AMAdeira é un proxecto para o rural que busca fortalecer o sector forestal e contribuir á creación de emprego sustentable a través do aproveitamento dun recurso autótono moi recoñecido en Galicia, como é o castiñeiro.
Actualmente o castiñeiro está en situación de vulnerabilidade por mor da sobreexplotación de plantacións de quenda curta coma o piñeiro e eucalipto, que sendo máis perxudiciais para os nosos montes porque implican unha maior degradación do chan e perda de biodiversidade, ocupan a maior parte da superficie forestal galega.
O proxecto quere aproveitar o grande potencial do castiñeiro como factor de desenvolvemento sostible no rural a través da creación de emprego no sector forestal vinculado á produción e xestión sostible do castiñeiro e ao desenvolvemento económico derivado da comercialización local dos seus produtos: a castaña, a súa madeira, o mel que se xera pola súa polinización e os diferentes cogomelos que brotan do seu tronco.
A posta en valor do castiñeiro e dos produtos que del se obteñen, supoñen unha grande oportunidade para a xeración de emprego e riqueza na provincia, en especial nas zonas máis rurais e despoboadas e para conservar á súa vez o noso patrimonio natural e biodiversidade, favorecendo o desenvolvemento dunha economía verde, na que primen novos modelos de produción e consumo sostible e xerando beneficios sociais e ambientais na provincia e contribuíndo á creación de novos postos de traballo.
Cun orzamento total de 129.671,03€, do cal o 80% será cofinanciado polo Fondo Social Europeo, realizaranse cursos presenciais de formación con todo tipo de contido en relación á cadea de valor do castaño. Destinados a formar a persoas desempregadas para que adquiran as competencias necesarias para traballar neste sector.
1. FP1 - Módulo 1: Capacitación sobre como escoller as especies forestais e como realizar a plantación forestal.
2. FP2 - Módulo 2: Capacitación sobre mantemento da plantación forestal: limpas, clareos, podas, aboamentos... e xestión forestal.
3. FP3 - Módulo 3: Atellier de madeira: Aprendizaxe de técnicas tradicionais básicas de corte e talla das árbores.
4. FP4 - Módulo 4: Capacitación en aproveitamento e xestión de biomasa forestal.
5. FP5 - Módulo 5: Capacitación en rehabilitación de elementos arquitectónicos con madeira.
6. FP6 - Módulo 6: Introdución á bio-construción.
7. FP7 - Módulo 7: Capacitación sobre uso de maquinaria para poder realizar a preparación do terreo e os mantementos asociados á plantación.
8. FP8 - Módulo 8: Formación sobre recoñecemento de especies forestais e recollida dos produtos asociados: castaña, cogomelos e madeira.
9. FP9 - Módulo 9: Capacitación agroalimentaria, especializada en transformación da castaña (produtos gourmet, marrón glacé, licores, etc) e comercialización dos mesmos (física e online).
10. FP10 - Módulo 10: Capacitación sobre economía (xestión económica e orzamentos) e temas administrativos (permisos e subvencións).
11. FP4A - Módulo 4: Capacitación en aproveitamento e xestión de biomasa forestal.
12. FP6A - Módulo 6: Introdución á bio-construción.
*Para recibir a correspondente certificación dos cursos será necesario superar un exame tipo test de 20 preguntas, así como unha asistencia igual ou superior ao 85% das horas totais do curso.
1. ¿QUÉ É AMADEIRA?
O Proxecto AMAdeira – Sustentabilidade da cadea do valor do castiñeiro, é unha nova oportunidade de formación para as persoas, os concellos e as empresas. AMAdeira é un plan de formación profesional: unha ferramenta de procura de emprego para os cidadáns e un instrumento para o fomento de empresas e mercado nos concellos máis despoboados.
É un proxecto cofinanciado pola Fundación Biodiversidade a través do Fondo Social Europeo. Coa colaboración de dúas empresas asturianas: CETEMAS e ASMADERA.
2. ¿EN QUÉ CONSISTE?
AMAdeira formará a persoas desempregadas a través de diferentes cursos para que adquiran as competencias necesarias para obter un emprego verde. Co compromiso de crear, como mínimo, SETE POSTOS DE TRABALLO.
Estes cursos de formación tratarán sobre a xestión de plantacións de castiñeiro sustentables co fin de obter froito, cogomelos e madeira, facilitando o aproveitamento dos recursos forestais para uso social, económico e ambiental.
3. ¿CÓMO SE ARTELLA?
A través de doce cursos de formación – dos cales dez se impartirían en Galicia e dous en Asturias –, de diferente duración e temática, todos relativos á sostibilidade da cadea de valor do castaño.
4. ¿A QUEN VAI DIRIXIDO?
AMAdeira terá 70 BENEFICIARIOS DESEMPREGADOS, entre os que primarán mulleres do rural maiores de 45 anos.
5. ¿TEN CUSTO ALGÚN?
Non, é TOTALMENTE GRATUITO. Trátase dunha "acción gratuíta cofinanciada polo FSE" co obxectivo de "conseguir formación e un emprego de calidade".
6. ¿POR QUÉ O CASTAÑO?
Porque é unha especie autóctona que está en situación de vulnerabilidade por mor da sobreexplotación de plantacións de quenda curta como o piñeiro e eucalipto, o cal, implica unha degradación do chan e perda de biodiversidade.
Ademais o 50% da castaña producida en España provén de Galicia, e debido á súa particularidade goza de Indicación Xeográfica Protexida.
7. ¿ÓNDE SE REALIZA?
Galicia: na comarca de Ortegal e o Concello de Cerdido.
Asturias: na comarca de Cuncas Mineiras.
8. ¿A QUÉ NECESIDADE RESPONDE?
Necesidade social: feminizar ese traballo, dado que é un sector masculinizado e nestas zonas a taxa de paro feminino é moi elevada.
Necesidade ambiental: protexer e xestionar de maneira sustentable as zonas, posto que forman parte da Rede Natura 2000 – LIC Ortigueira-Mera e LIC Cuncas Mineiras –.
9. ¿CON QUÉ INVESTIMENTO?
Cun orzamento total de 129.671,03€. Dos cales, a Deputación de Coruña contribuirá con 20.747,37€, coa colaboración do Fondo Social Europeo, que achegará 103.736,82€ e un financiamento dos colaboradores de 5.186,84€.
O ámbito de actuación de AMAdeira é Galicia e Asturias. En Galicia as actuacións desenvolveranse no CONCELLO DE CERDIDO, e en Asturias na comarca de Concas Mineiras, no centro CETEMAS (Centro Tecnolóxico Forestal e da Madeira) e en ASMADERA (Asociación Asturiana de Empresarios Forestais, da Madeira e do Moble).
Desemprego femenino
No 2016, a Comunidade Autónoma de Galicia presentou unha taxa de paro masculino do 16,5%, e unha taxa superior canto a paro feminino, chegando ao 17,8%. Igualmente, na provincia de Coruña, rexistrouse un 14,5% de paro masculino e un 16,4% de paro feminino, de novo, superior. E no Principado de Asturias, a taxa de paro feminino alcanza o 16,31%.
Existe unha clara problemática en relación ao paro feminino a nivel estatal desde hai décadas, as mulleres nunca chegaron ás porcentaxes de actividade laboral dos homes, xa sexa por falta de oferta laboral, polo contexto social do momento ou por necesidades familiares. Por todos estes motivos, a Deputación provincial quere incidir na creación de emprego feminino para atallar este problema.
Igualdade de oportunidades
Aínda hoxe en día os traballos están sexualizados, algúns están considerados socialmente de mulleres e outros de homes, o que supón unha discriminación para ambos os sexos.
O sector forestal está claramente masculinizado. Hai anos, podería chegar a ter a súa lóxica, pois se consideraba que a muller non tiña a forza suficiente para desempeñar estes labores de maneira manual, e non se dispuña de toda a maquinaria e infraestruturas que existen hoxe en día, pero cos avances tecnolóxicos cos que se dispoñe actualmente esta diferenciación non ten cabida.
Precisamente por esta dificultade engadida das mulleres para acceder a estes sectores foméntase no seo de AMAdeira a formación de mulleres desempregadas para que adquiran as habilidades necesarias para introducirse neste ámbito.
Crecemento sostible
O obxectivo principal do Plan de Emprego Local – PEL (2016-2019) – da Deputación de Coruña, é fixar poboación nos concellos e contribuír ao crecemento sostible. A razón de ser de AMAdeira é impulsar a prosperidade, inclusión e cohesión social de maneira sostible a través da creación e fomento do emprego.
Búscase crear emprego respectando un crecemento sostible, tanto no ámbito económico, social e ambiental, para que ese desenvolvemento poida perdurar no tempo sen vulnerar ás xeracións futuras.
Dentro do Programa Empleaverde, no que proveitaranse as oportunidades reais de crecemento que ofrecen vos sectores económicos vinculados ao medio ambiente, tanto o Fondo Social Europeo como a Fundación Biodiversidade recoñecen a importancia dunha transición cara a unha economía verde e eficiente no uso de recursos para lograr un crecemento intelixente, integrador e abrigo, sustentable do emprego. Ambos contribúen á creación de empregos de calidade e máis inclusivos.
Persoas desempregadas do rural, prioritariamente mulleres maiores de 45 anos para a súa integración laboral no sector forestal.
Máximo de participantes nas accións formativas: 15
Máximo de participantes totais do proxecto: 70
"Accións gratuitas cofinanciadas polo FSE" co obxectivo de "conseguir formación e un emprego de calidade".