Estás en:Emprego Liñas Financiamento Europeo Oficina Acelera Pyme

Oficina Acelera Pyme

Co obxectivo de realizar actuacións de transformación dixital nas pequenas e medianas empresas, chegando a municipios con poboacións inferiores a 20.000 habitantes Red.es pon en marcha a convocatoria de axudas para a ampliación da Rede de Oficinas Acelera Pyme. Estas Oficinas estarán conformadas por un conxunto de instalacións e recursos repartidos por todo o territorio nacional co fin de promover a transformación da sociedade e a economía cara a unha contorna dixital. Todo isto, co propósito de loitar contra o despoboamento en España.
As Oficinas Acelera Pyme Rural ofrecen solucións de proximidade:

  • Desenvolvemento de servizos de proximidade para a atención in situ de autónomos e pemes.
  • Asesoramento e acompañamento dunha maneira próxima durante a adopción de solucións dixitais das pequenas e medianas empresas, incluídas as de nova creación, autónomos e emprendedores.

A Deputacion da Coruña é unha das entidades beneficiarias das 58 novas Oficinas Acelera Pyme para impulsar a transformación dixital das empresas en contornas rurais.

As Oficinas Acelera Pyme postas en marcha en toda España por Red.es, entidade pública adscrita ao Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital a través da Secretaría de Estado de Dixitalización e Intelixencia Artificial, contan cun orzamento global de 23,8 millóns de euros, dos cales Red.es aportará ata o 80% do orzamento subvencionable e as entidades beneficiarias o testo. As actuacións están financiadas polo Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia a través dos fondos Next Generation EU, no marco da axenda Dixital 2025 e o Plan de Dixitalización de Pymes 2021- 2025, cuxa cuarta medida do exio de actuación "Dixitalización básica para las Pymes", inclúe a creación dunha rede de Oficinas Acelera pyme.

A Oficina Acelera Pyme da Deputación da Coruña, xorde co obxecto de apoiar a pemes, autónomos/as e emprendedores/as no seu proceso de dixitalización, o que lles permitirá mellorar a súa competitividade, logrando deste xeito o crecemento económico do territorio e contribuíndo a evitar o despoboamento dos municipios.

Os principais obxectivos desta oficina son:

  • Sensibilizar ás pemes e autónomos/as e emprendedores/as da contorna rural da Coruña sobre as vantaxes da dixitalización e fomentar a demanda tecnolóxica, dándolles a coñecer as diferentes tecnoloxías TICs.
  • Apoio para á obtención de axudas locais, rexionais e nacionais.
  • Potenciación do proceso de dixitalización a través de resolución de dúbidas e asesoramento personalizado
  • Punto de encontro de oferentes e demandantes de tecnoloxía para o desenvolvemento de accións de transformación dixital.

A Oficina Acelera Pyme da Deputación da Coruña ofrecerá a pemes, autónomos/as e emprendedores/as as seguintes actuacións e servizos:

  • Desenvolvemento e despregamento do Plan de Comunicación de Actividades e Difusión de resultados. Sensibilización e apoio ás pemes, os autónomos/as e os emprendedores/as sobre metodoloxías e tecnoloxías innovadoras favorecendo a súa incorporación nos seus procesos produtivos e de xestión.
  • Asesoramento e soporte ás pemes, os autónomos/as e os emprendedores/as nas áreas principais de transformación dixital, baseada en dar alcance ao diagnóstico de madurez dixital mediante un asesoramento personalizado para que pemes, emprendedores/as e autónomos/as nas contornas rurais, con diferentes niveis de madurez dixital fagan efectiva a transformación dixital.
  • Sesións de networking para conectar a oferta tecnolóxica coa demanda tecnolóxica coa finalidade de permitir ás pemes, autónomos/as e emprendedores/as dos municipios da Coruña con necesidades tecnolóxicas para a súa dixitalización e oferentes de metodoloxías e tecnoloxías dixitais, ter puntos de encontros para o desenvolvemento de actuacións específicas de transformación dixital. Presentaranse as solucións tecnolóxicas para os usuarios/as e posteriores reunións bilaterais entre os ofertantes e os demandantes de tecnoloxía.
  • Servizo de información, asesoramento e soporte con relación ás axudas locais, rexionais e nacionais en materia de transformación dixital para identificar os programas de axudas existentes a nivel local, rexional e nacional, informar sobre programas de axudas ás pemes, autónomos/as e emprendedores/as dos municipios da provincia da Coruña Realizando un seguimento exhaustivo en relación das características de cada peme, autónomo/as e emprendedor/a que o solicite e organizaranse webinars específicos sobre estas axudas.

 Logo_DepPEL_Azul.png ministerio.gif   logo-ue-fondo-social.png

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X