PEL ACTIVA

PEL ACTIVA impulsado pola Deputación da Coruña e cofinanciado polo Fondo Social Europeo Plus (FSE+) é un programa de formación para o emprego que ten como finalidade contribuír á inclusión social de persoas desfavorecidas na provincia da Coruña, facendo especial fincapé nas zonas de reto demográfico.
As actuacións de PEL ACTIVA buscan contribuír a fixar poboación nos concellos rurais, ofrecendo formación que permita o acceso a postos de traballo de calidade na súa contorna.
PEL ACTIVA foi seleccionado na primeira convocatoria do Programa de Empleo, Educación, Formación y Economía Social, do Fondo Social Europeo Plus (FSE+), do período de programación 2021-2027. Máis información.
PEL ACTIVA ten programadas 19 edicións de 8 itinerarios de inserción identificados, complementados
con sete xornadas de activación e información en materia de emprego, así como outras catro accións complementarias específicas.
PEL ACTIVA FSE +
Enderezo: Avenida Porto da Coruña nº2,
15003 A Coruña (Ver mapa)
Teléfono: 981 080 567
email: pelactiva@dacoruna.gal