Estás en:Emprego Liñas Liña 5 PEL - Reactiva


A DEPUTACION A TRAVES DO PEL PON EN MARCHA PEL – REACTIVA un Fondo de financiamento para a reactivación económica da provincia da Coruña que ten como obxectivo dotar de liquidez ás persoas autónomas e microempresas, motor de desenvolvemento económico e alicerce fundamental do tecido empresarial da provincia.
A través deste Fondo, os concellos de menos de 50.000 habitantes disporán dos recursos económicos necesarios para convocar axudas dirixidas ás persoas profesionais autónomas e microempresas dos seus municipìos os cales son o sustento das súas economías locais, contribuindo así á súa pronta recuperación e viabilidade no contexto socioeconómico da nova era post COVID-19.
Agora máis que nunca, o PEL amosa o seu apoio ao tecido empresarial da provincia e insúflalle os folgos necesarios para a súa supervivencia a través da creación deste Fondo de Financiamento para a reactivación económica da provincia da Coruña que será xestionado polos concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes
.

A QUEN VAI DIRIXIDO

O presuposto distribuirase en función da ratio de empresas e persoas traballadoras autónomas con domicilio fiscal no concello sobre o total de microempresas e persoas traballadoras autónomas con domicilio fiscal nos concellos de menos de 50.000 habitantes que se adhieran ao fondo de financiamento. 

Os destinatarios finais das axudas son as persoas traballadoras autónomas con ou sen traballadores/as ao seu cargo e microempresas, calquera que sexa a súa forma xurídica, que se atopen nalgún dos supostos indicados a continuación:

  • Grupo I: Que se visen afectados polo peche en virtude do disposto no RD 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada pola COVID-19, e a súa modificación aprobada no RD 465/2020, do 17 de marzo.
  • Grupo II: Que non se visen afectados polo peche, pero cuxa facturación no segundo trimestre fiscal de 2020 se vira reducida, polo menos, nun 75% en relación coa media efectuada no semestre natural anterior á declaración do estado de alarma. Cando a persoa física ou xurídica non leve de alta os seis meses naturais esixido para a acreditar a redución os ingresos, a valoración levarase a cabo tendo en conta o período de actividade.
  • Grupo III: Que se viran na obriga de acollerse a un ERTE (Expediente de Regulación Temporal de Emprego), nos termos establecidos no RD 465/2020, do 17 de marzo

 

COMO FACER A SOLICITUDE

CONCELLOS:

Inicio: 19.08.2020
Fin: ata o 09.10.2020

Os concellos presentarán as solicitudes de adhesión ao Fondo de xeito telemático, a través da páxina web da Deputación Provincial da Coruña: https://www.dacoruna.gal/subvencions/

O prazo de presentación de solicitudes de adhesión dos concellos ao Fondo de Financiamento iniciarase a partir do día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no BOP da Coruña, e finalizará ás 14.00 horas do día 9 de outubro de 2020.

PERSOAS AUTÓNOMAS E MICROEMPRESAS:

Inicio: Pendente publicación da resolución de asignación de fondos aos concellos
Fin: máximo 15 días desde a publicación da resolución de asignación de fondos aos concellos.


As persoas autónomas e microempresas que reúnan os requisitos dipoñerán de 15 días hábiles desde a resolución de asignación de fondos aos concellos por parte de Deputación.

O prazo de presentación de solicitudes será determinado na Resolución da Presidencia da Deputación de constitución definitiva do Fondo de Financiamento. Este prazo non excederá de 15 días hábiles.

As solicitudes, que se presentarán por vía telemática a través da Sede Electrónica dos concello adheridos ao Fondo de Financiamento, utilizando o formulario normalizado de solicitude dispoñible na sede.

Para a presentación de solicitude por medio electrónicos, é necesario dispoñer dos certificados electrónicos recoñecidos ou cualificados de sinatura electrónica.

CANTO SE SUBVENCIONA

A dotación do PEL-REACTIVA ascenderá á cantidade de 12.500.000,00 €, financiándose cunha achega provincial do 80% (10.000.000,00€) e coas achegas municipais do 20% (2.500.000,00€)

 

FONDO DE FINANCIAMENTO

ACHEGA PROVINCIAL

(80 %)

ACHEGAS MUNICIPAIS

(20 %)

12.500.000,00 €

10.000.000,00 €

2.500.000,00 €

CONTÍAS

QUÉ SE SUBVENCIONA

Terán a consideración de gastos subvencionables dentro desta liña, os gastos seguintes que foran realizados entre marzo de 2020 (incluído) e ata o 31 de decembro de 2020.

Compra de material

Material antiséptico ou desinfectante, produtos hixiénicos e de limpeza

Arrendamentos e canons

Arrendamentos de maquinaria, vehículos, locais ou instalacións* Gasto directo

*O arrendamento do local de negocio ou instalacións, sempre e cando non sexa parte da vivenda da persoa solicitante ou espazo compartido con outra empresa e non exista relación de parentesco ata 2º grao de consanguinidade ou afinidade co/a arrendador/a do local, nin sexa socio/a ou partícipe da persoa física ou xurídica que actúe como arrendador/a. Asimesmo, exclúense os espazos de coworking.

*O renting de maquinaria, máquinas, vehículos, etc.

Reparación e conservación

Adaptación de locais ás medidas de protección fronte ao COVID-19 (mamparas de protección, etc). Gasto directo

Primas seguros

Seguros de responsabilidade civil, seguros de accidentes. Gasto directo

Subministracións

Auga, gas, combustibles, electricidade. Gasto directo

O IVE non se considerará en ningún caso gasto subvencionable

Estas axudas serán compatibles con calquera outra concedida por entidades públicas ou privadas, sempre que o importe total das axudas percibidas polo mesmo concepto non supere o custo total dos gastos subvencionables polas presentes axudas, e ata un máximo de 40.000 euros.

O IVE non se considerará en ningún caso gasto subvencionable

Estas axudas serán compatibles con calquera outra concedida por entidades públicas ou privadas, sempre que o importe total das axudas percibidas polo mesmo concepto non supere o custo total dos gastos subvencionables polas presentes axudas, e ata un máximo de 40.000 euros.

CAL É A NORMATIVA

 

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal ou  realiza unha consulta (formulario)X