Estás en:Emprego Liñas PEL - Reactiva I


A DEPUTACION A TRAVES DO PEL PON EN MARCHA PEL – REACTIVA un Fondo de financiamento para a reactivación económica da provincia da Coruña que ten como obxectivo dotar de liquidez ás persoas autónomas e microempresas, motor de desenvolvemento económico e alicerce fundamental do tecido empresarial da provincia.
A través deste Fondo, os concellos de menos de 50.000 habitantes disporán dos recursos económicos necesarios para convocar axudas dirixidas ás persoas profesionais autónomas e microempresas dos seus municipìos os cales son o sustento das súas economías locais, contribuindo así á súa pronta recuperación e viabilidade no contexto socioeconómico da nova era post COVID-19.
Agora máis que nunca, o PEL amosa o seu apoio ao tecido empresarial da provincia e insúflalle os folgos necesarios para a súa supervivencia a través da creación deste Fondo de Financiamento para a reactivación económica da provincia da Coruña que será xestionado polos concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes
.

A QUEN VAI DIRIXIDO

O orzamento distribuirase en función da ratio de empresas e persoas traballadoras autónomas con domicilio fiscal no concello sobre o total de microempresas e persoas traballadoras autónomas con domicilio fiscal nos concellos de menos de 50.000 habitantes que se adhieran ao fondo de financiamento. 

Os destinatarios finais das axudas son as persoas traballadoras autónomas con ou sen traballadores/as ao seu cargo e microempresas, calquera que sexa a súa forma xurídica, que se atopen nalgún dos supostos indicados a continuación:

  • Grupo I: Que se visen afectados polo peche en virtude do disposto no RD 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada pola COVID-19, e a súa modificación aprobada no RD 465/2020, do 17 de marzo.
  • Grupo II: Que non se visen afectados polo peche, pero cuxa facturación no segundo trimestre fiscal de 2020 se vira reducida, polo menos, nun 75% en relación coa media efectuada no semestre natural anterior á declaración do estado de alarma. Cando a persoa física ou xurídica non leve de alta os seis meses naturais esixido para a acreditar a redución os ingresos, a valoración levarase a cabo tendo en conta o período de actividade.
  • Grupo III: Que se viran na obriga de acollerse a un ERTE (Expediente de Regulación Temporal de Emprego), nos termos establecidos no RD 465/2020, do 17 de marzo

 

COMO FACER A SOLICITUDE

CONCELLOS:

Inicio: 19.08.2020
Fin: ata o 09.10.2020

Os concellos presentarán as solicitudes de adhesión ao Fondo de xeito telemático, a través da páxina web da Deputación Provincial da Coruña: https://www.dacoruna.gal/subvencions/

O prazo de presentación de solicitudes de adhesión dos concellos ao Fondo de Financiamento iniciarase a partir do día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no BOP da Coruña, e finalizará ás 14.00 horas do día 9 de outubro de 2020.

PERSOAS AUTÓNOMAS E MICROEMPRESAS:

O prazo de presentación de solicitudes por parte das persoas autónomas e microempresas abrirase cando se publique a resolución de concesión de fondos aos concellos.

Inicio: desde o día seguinte da publicación da convocatoria no BOP por parte dos concellos
Fin: ás 14.00 horas do 25 de novembro de 2020


O prazo de presentación de solicitudes será determinado na Resolución da Presidencia da Deputación de constitución definitiva do Fondo de Financiamento. Este prazo non excederá de 15 días hábiles.

As solicitudes, que se presentarán por vía telemática a través da Sede Electrónica dos concello adheridos ao Fondo de Financiamento, utilizando o formulario normalizado de solicitude dispoñible na sede.

Para a presentación de solicitude por medio electrónicos, é necesario dispoñer dos certificados electrónicos recoñecidos ou cualificados de sinatura electrónica.

ConcelloSede electrónicATeléfonos
AbegondoSede981647996
AmesSede981883002
ArangaSede981798281
AresSede981468102 981468107
ArteixoSede981659146
ArzúaSede981500000 Ext.110
A BañaSede981886777
BergondoSede981791252 Ext. 3
BetanzosSede981770011 Ext.2251
BoimortoSede981516020
BoiroSede981844800 981842609
BoqueixónSede981513061
BriónSede981509908
Cabana de BergantiñosSede981754020
CabanasSede981754020
CamariñasSede981737004
CambreSede981613196
A CapelaSede981459006
CarballoSede981709012
CariñoSede981405064 981420059
CarnotaSede981857032
CarralSede981613520
CedeiraSede981480000
CeeSede981745100
CercedaSede981685001 Ext. 9
CerdidoSede981411000
CorcubiónSede981745400
CoristancoSede981733001
CulleredoSede981664204
CurtisSede981789003
DumbríaSede981744001
FeneSede981492767
FisterraSede981740001
FradesSede981695567
IrixoaSede981793001
A LarachaSede981612811
LaxeSede981706903
LousameSede981820494
Malpica de BergantiñosSede981711303
MañónSede981414002
Mazaricos:Sede981867104
MelideSede981505003 Extensión ADL 2116 Extensión Orientadora 2121
MesíaSede981687001
MiñoSede981778910
MoecheSede981404006
MonferoSede981793885
MugardosSede981470338
MurosSede981826050. Ext.115
MuxíaSede981742001
NarónSede981337700Ext. 1123
NedaSede981380039/ 981380222
NegreiraSede981885250
NoiaSede981377739
OleirosSede981610319 981631706
OrdesSede981680002  Extensión: 6
OrosoSede981691478
OrtigueiraSede981402542 981974101
OutesSede981850003
Oza-CesurasSede981785542 981792000
PaderneSede981797001 981776302
PadrónSede981810451
O PinoSede981511002
A Pobra do CaramiñalSede981377625 / 981843280 Ext 2017
PontecesoSede981971480 / 981714000 ext 1020
PontedeumeSede981433054
As Pontes de García RodríguezSede981453116
Porto do SonSede981867414
RianxoSede981860075
RibeiraSede981377273 / 981835417
RoisSede981804109
SadaSede981620075 / 981620226 / 981620204
San SadurniñoSede981490027
Santa CombaSede981880275
SantisoSede981818501
SobradoSede981787508
As SomozasSede981404101
TeoSede981815721
ToquesSede981505826
TordoiaSede981690001
TouroSede981504029
TrazoSede981689001
Val do DubraSede981889000
ValdoviñoSede981487041 Extensión Servizos Económicos
VedraSede981814612 / 981814692
VilarmaiorSede981781709
VilasantarSede981778169
VimianzoSede981716001
ZasSede981708303

CANTO SE SUBVENCIONA

A dotación do PEL-REACTIVA ascenderá á cantidade de 12.500.000,00 €, financiándose cunha achega provincial do 80% (10.000.000,00€) e coas achegas municipais do 20% (2.500.000,00€)

 

FONDO DE FINANCIAMENTO

ACHEGA PROVINCIAL

(80 %)

ACHEGAS MUNICIPAIS

(20 %)

12.500.000,00 €

10.000.000,00 €

2.500.000,00 €

CONTÍAS

QUÉ SE SUBVENCIONA

Terán a consideración de gastos subvencionables dentro desta liña, os gastos seguintes que foran realizados entre marzo de 2020 (incluído) e ata o 31 de decembro de 2020.

Compra de material

Material antiséptico ou desinfectante, produtos hixiénicos e de limpeza

Arrendamentos e canons

Arrendamentos de maquinaria, vehículos, locais ou instalacións* Gasto directo

*O arrendamento do local de negocio ou instalacións, sempre e cando non sexa parte da vivenda da persoa solicitante ou espazo compartido con outra empresa e non exista relación de parentesco ata 2º grao de consanguinidade ou afinidade co/a arrendador/a do local, nin sexa socio/a ou partícipe da persoa física ou xurídica que actúe como arrendador/a. Asimesmo, exclúense os espazos de coworking.

*O renting de maquinaria, máquinas, vehículos, etc.

Reparación e conservación

Adaptación de locais ás medidas de protección fronte ao COVID-19 (mamparas de protección, etc). Gasto directo

Primas seguros

Seguros de responsabilidade civil, seguros de accidentes. Gasto directo

Subministracións

Auga, gas, combustibles, electricidade. Gasto directo

O IVE non se considerará en ningún caso gasto subvencionable

Estas axudas serán compatibles con calquera outra concedida por entidades públicas ou privadas, sempre que o importe total das axudas percibidas polo mesmo concepto non supere o custo total dos gastos subvencionables polas presentes axudas, e ata un máximo de 40.000 euros.

O IVE non se considerará en ningún caso gasto subvencionable

Estas axudas serán compatibles con calquera outra concedida por entidades públicas ou privadas, sempre que o importe total das axudas percibidas polo mesmo concepto non supere o custo total dos gastos subvencionables polas presentes axudas, e ata un máximo de 40.000 euros.

CAL É A NORMATIVA

 

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X