Estás en:Emprego Novas

A Deputación destina 164.000 euros do Plan Único para financiar a reparación de beirarrúas e pavimentos en Boiro

O proxecto, polo que se realizarán 9 actuacións en diferentes puntos do municipio, está en licitación ata o 10 de agosto

A Deputación destina 164.000 euros do Plan Único para financiar a reparación de beirarrúas e pavimentos en Boiro

Puntos do concello de Boiro nos que se executarán a obras do Plan Único

A Deputación da Coruña financia na súa totalidade, a través do Plan Único, un proxecto valorado en 164.074 euros para a reparación de beirarrúas e pavimentos en diferentes puntos de Boiro.

A obra, que está a licitación no perfil do contratante do Concello de Boiro, componse dun total de 9 actuacións de renovación e mellora: do pavimento da Rúa Nova, da beirarrúa desde O Coido ata Changuiña, do acceso rodado e peonil ao CEIP de Escarapote, dun lateral de acceso á Avenida de Barraña, do carril bici da praia de Barraña, dun rueiro na contorna da praza do Lorcho de Cabo da Cruz, dunha vía na Lagoa, a creación dunha zona de estacionamento interior no CEIP Abanqueiro e, por último, a creación dun camiño para comunicar o núcleo da Boliña co paseo do Río Breiro.

O prazo para enviar ofertas remata o próximo martes, 10 de agosto, e o tempo estimado de execución dos traballos é de 3 meses desde o inicio das obras.

Páxinas suxeridas
Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X