Estás en:Emprego Novas

Malpica financia a reforma do Centro Social das Pozacas a través do Plan único da Deputación da Coruña

Malpica financia a reforma do Centro Social das Pozacas a través do Plan único da Deputación da Coruña

O Concello de Malpica de Bergantiños proxecta a reforma do Centro Social das Pozacas, en Cerqueda, cuns traballos que contarán cun orzamento base de 36.379,90 euros. Esta intervención incluirase no compendio de obras dentro do Plan único da Deputación e que conta con financiamento provincial.

Así, contémplase a reforma da planta do edificio eliminando o escenario existente no salón de actos, a eliminación de tres aseos existentes para incorporar ao almacén pegado e o derrube de dous tabiques entre almacéns para a formación de aula.

Acondicionaranse, tamén, as dependencias que teñen humidades coa incorporación de pegado de material de pladur illante nas paredes. Cóntase que a intervención estea rematada ao finalizar o ano 2021.

O alcalde de Malpica, Walter Pardo, sinala que "serán uns traballos que uniformarán este espazo e que as persoas usuarias poderán contar cun servizo de primeiro nivel".

Páxinas suxeridas
Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X