Estás en:Emprego Novas

A Deputación financia a través do Plan Único a ampliación do local social de San Mateo, en Narón

O proxecto, que está actualmente en proceso de licitación, conta cun orzamento de 100.488,16 euros

A superficie ampliada será de 200 metros cadrados e ten o obxectivo de poder mellorar a ofertas das actividades que se levan a cabo no edificio

A Deputación financia a través do Plan Único a ampliación do local social de San Mateo, en Narón

A Deputación da Coruña financia, a través do Plan Único, a ampliación do local social de San Mateo, no Concello de Narón, un proxecto que responde ás demandas da agrupación veciñal que fai uso deste espazo.

A actuación, que está actualmente en proceso de licitación na Plataforma de Contratación do Estado, conta cun orzamento de 100.488,16 euros dos que a Deputación achega 88.317,99 euros e a cantidade restante, 12.170,27 euros, é asumida polas arcas municipais.

O obxectivo desta obra é dotar o local social de San Mateo de maior superficie, mellorando a calidade e a oferta das actividades que alí se levan a cabo. Para iso, ampliarase a súa superficie polo perfil suroeste nun total de 200 metros cadrados e dotarase ao edificio dun novo acceso, e da iluminación e as medidas contraincendios (dous extintores e dúas bocas de incendio) necesarias para o desenvolvemento das diferentes accións.

O prazo para a presentación de ofertas no perfil do contratante municipal rematará o próximo venres 17 de setembro.

Páxinas suxeridas
Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X