Estás en:Emprego Novas

Camariñas remata os traballos de renovación da iluminación do campo de fútbol Irmás Patiño, financiados co Plan Único

A actuación contou cun orzamento de preto de 40.000 euros do Plan Único da Deputación da Coruña

Substituíronse as luminarias existentes nas 4 torres por outras con tecnoloxía LED, acada do unha mellor visibilidade, un aforro do 73% na factura e diminuíndo as emisións de CO2.

Camariñas remata os traballos de renovación da iluminación do campo de fútbol Irmás Patiño, financiados co Plan Único

O Concello de Camariñas rematou as obras de renovación da iluminación exterior do campo de fútbol Irmás Patiño, que contou cun orzamento de 39.974,9 euros e está financiado a través do Plan Único da Deputación da Coruña.

Os traballos que se levaron a cabo consisten en desmontar as luminarias existentes nas 4 torres e substituílas por outras novas con tecnoloxía LED. Ademais, instalouse un novo soporte para poder incorporar outros dous focos e que sexan 6 os instalados en cada estrutura.

Este proxecto permitirá acadar unha mellor visibilidade nas instalacións do campo de fútbol Irmás Patiño e tamén se conseguirá un aforro na factura do 73% con respecto ao gasto que tiñan as anteriores luminarias. Por outra banda, grazas á tecnoloxía LED redúcense as emisións de CO2 co conseguinte beneficio de cara ao medio ambiente.

O concelleiro de Obras, Sergio Caamaño, sinala que "ademais de dotar dun mellor servizo a un espazo empregado por moitas veciños e veciños, suporá unha optimización en materia medio ambiental". O edil quixo destacar o "compromiso" da Deputación da Coruña en materia de infraestruturas.

Desde a súa creación, o Plan Único contribuíu á construción, renovación e mellora de 108 instalacións deportivas nos concellos da provincia da Coruña, cun investimento total de 16 millóns de euros.

Páxinas suxeridas
Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X