Estás en:Emprego Novas

Uns minutos na BD: Elas, de Aurora Marco

Uns minutos na BD: Elas, de Aurora Marco Para rematar esta serie de vídeos sobre xoias da Biblioteca que sacamos esta semana para conmemorar o Día das Bibliotecas, traémosvos esta compilación de biografías de mulleres galegas realizado por Aurora Marco, xa un clásico. Aínda que Aurora é aragonesa, é doutora en Filosofía e letras pola Universidade de Santiago, onde vive. Pertence á asociación para igualdade de xénero e a cultura Clásicas y Modernas. Esta obra publicouna tras un longo traballo de investigación co nome de “Elas”, onde recolle mulleres de tódalas épocas, desde o século IV ata o XX. Este é o exemplar número 133 dunha tirada de só 155, e ademáis acompañado de serigrafías asinadas por artistas mulleres como Chelo Rodríguez, María Xesús Díaz, Sabela Arias Castro, Irene Silva Xiráldez, etc. Esta coidada edición preséntase nun elegante estuche, e podedes consultala coa sinatura RA/246. [embed]https://youtu.be/Tnrn-_5WtuY[/embed]
Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X