Estás en:Emprego Novas

Exposición: Segundo ano de #bookfacefriday

Exposición: Segundo ano de #bookfacefriday

#bookfacefriday é unha iniciativa que leva desde 2014 crecendo por Twitter e Instagram e á que a Biblioteca da  Deputación da Coruña adheriuse en 2019 contando cada vez con máis adeptos e seguidoras e seguidores que están a desexar que chegue o venres para saber con que as/os imos a sorprender. Trátase de completar as portadas dos libros con corpos de persoas, chamando así a atención sobre materiais que doutro xeito pasarían desapercibidos, e recomendando lecturas dun xeito lúdico e atractivo.

Creatividade, diversión e fomento da lectura. Así podemos resumir este traballo do que como cumio presentamos esta exposición.

Seguimos outro ano con este reto de 52 semanas, 52 semanas máis e falamos de retos porque cada vez é máis difícil atopar un libro co que pousar e ademais…, volvémonos moi esixentes, buscando máis perfección e portadas máis difíciles... Xa nada se nos resiste.

Volvemos, con esta exposición, a dar visibilidade a un traballo que tivo unha gran aceptación por parte do público en xeral, e os nosos seguidores en redes en particular, por parte de bibliotecas de todo o mundo, por parte das editoriais, por parte dos autores dos libros… Unha iniciativa moi seguida nas redes sociais. Un proxecto no que está involucrado todo o persoal da biblioteca e… familiares e amigos.

Agardamos que vos guste!

Podedes ver a exposición no vestíbulo da Biblioteca en horario de apertura xeral do centro.

Deixámosvos aquí a guía con tódalas fotografías: Segundo ano de BookFaceFriday. Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña

 

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X