Formoso reúnese coa nova directora da UIMP en Galicia, María Jesús Lorenzo Modia
O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, reuniuse esta mañá coa nova directora da Universidade Internacional Menéndez Pelayo (UIMP) en Galicia, María Jesús Lorenzo Modia.
O presidente deu á benvida á nova responsable da institución académica na comunidade e destacou a estreita colaboración que desde hai décadas manteñen a Deputación da Coruña e a UIMP, que permite ofrecer os cursos e actividades formativas da entidade nos concellos da provincia Coruña.
Formoso e Lorenzo Modia falaron tamén da programación de actividades que a UIMP está preparando para este 2022 .
1
2
Fotogalería