Bases reguladoras subvencións Programa de apoio a mulleres nos ámbitos rural e urbano.
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego e Igualdade
ORDE do 21 de marzo de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións públicas destinadas ao financiamento do Programa de apoio a mulleres nos ámbitos rural e urbano, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2022 (código de procedemento TR332E).
BDNS (Identif.): 616640
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220331/AnuncioG0599-240322-0004_gl.pdf
Artigo 2. Entidades beneficiarias da subvención
1. Poderán ser beneficiarias da subvención as seguintes entidades:
a) Os concellos de menos de 5.000 habitantes ou as entidades públicas dependentes ou vinculadas cuxa titularidade corresponda integramente a estes, que presenten a súa solicitude de forma individualizada.
b) Tamén poderán ser beneficiarias as mancomunidades de concellos e as agrupacións de concellos, sempre e cando, polo menos o 35 % dos concellos que as conformen teñan menos de 5.000 habitantes. Polo menos un terzo das participantes atendidas deberán ser residentes nun municipio de menos de 5.000 habitantes.