Estás en:Emprego Novas

A Deputación adxudica por 250.231 euros as obras de renovación do firme da estrada DP-3404, en Dumbría

A obra, que se realizará na estrada que vai de Outes a Dumbría, a pavimentación da plataforma e a mellora da accesibilidade nos pasos de peóns

A Deputación adxudica por 250.231 euros as obras de renovación do firme da estrada DP-3404, en Dumbría

A Deputación da Coruña vén de adxudicar por 250.231 euros as obras de renovación do firme da estrada provincial DP-3404, no Concello de Dumbría, na estrada que vai de Outes a Dumbría, actuando sobre tramo comprendido entre o PK 31+240 e o PK 32+806 e sobre o ramal existente á altura do PK 32+493.

Segundo explicou o deputado de Vías e Obras, José Manuel Pequeño Castro, os traballos que se han levar a cabo na estrada consistirán na limpeza da vía e da beiravía para, posteriormente, aplicar sobre a plataforma unha capa de asfalto de 5 centímetros de espesor.

Ademais, o proxecto inclúe a realización de barbacanas nos pasos de peóns que carecen delas co obxectivo de rebaixar a altura da beirarrúa e mellorar así a accesibilidade para os peóns. Por último, procederase á posta a cota das tapas de rexistro e sumidoiros existentes e tamén á reposición das marcas da vía, bordes, pasos para peóns e inscricións, así como as unidades de sinalización vertical e defensa necesarias.

Estímase que o prazo de execución será de catro meses desde o inicio das obras.

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X