O Plan único da Deputación inviste este ano preto de 17 millóns nos concellos da comarca da Ferrolterra, Eume e Ortegal
1,3 de euros destínanse para financiar gastos sociais nos 21 concellos da zona
O programa provincial dedica tamén máis de 4,4 millóns de euros para levar a cabo 50 obras e 3 millóns para financiar servizos básicos dos municipios como alumeamento ou recollida de lixo
Valentín González Formoso destacou a utilidade do Plan único para "reactivar a economía, mellorar infraestruturas e servizos municipais e dar apoio no eido social ante as necesidades derivadas da crise"
O Plan único (POS+2022) da Deputación da Coruña alcanzará este ano os 16.873.880 euros investidos nos concellos da comarca de Ferrolterra, Eume e Ortegal, dos 4,4 millóns xa teñen como destino o financiamento de 50 obras (uns números que se irán incrementando ao longo do ano cos fondos adicionais do plan) e máis de 1,3 millóns se destinan a financiar gastos sociais nos municipios co obxectivo de protexer aos colectivos máis vulnerables.
O presidente provincial, Valentín González Formoso, remarcou a utilidade deste programa para "contribuír á reactivación económica, cun investimento moi importante que este ano alcanza os 90 millóns na provincia, mellorar infraestruturas e servizos municipais e dar apoio aos concellos nos seus programas sociais"
1,3 millóns de euros para gasto social
O Plan único achega máis de 1,3 millóns de euros aos 21 concellos da comarca para paliar os efectos sociais provocados pola pandemia. As contías repartidas nos diferentes municipios oscilan entre os 29.856 euros de Vilarmaior e os 173.925 euros que recibe Arteixo. Reforzo do persoal adscrito aos servizos sociais e axuda no fogar, creación de axudas para a cobertura de necesidades básicas coma vivenda, alimentación, gastos médicos e farmacéuticos ou escolarización dos colectivos máis vulnerables son algunhas das cuestións ás que os concellos están a destinar estes fondos.
4,4 millóns para 50 obras
Dentro do plan, 21 concellos da comarca executarán un total de 50 obras de humanización de rúas e espazos públicos, mellora nas redes de iluminación e saneamento, renovación de estradas, actuacións en instalacións municipais ou accións para incrementar a seguridade peonil, entre outras.
Entre os investimentos destacan os 860.641 euros destinados polas Pontes a melloras de diferentes vías e rúas do municipio (Avda. da Habana e de Ortigueira, Rúa Cabanas, san Xoán do Freixo...), os 432.808 euros que destinará Narón a crear unha zona verde e dotar de novos equipamentos á contorna da rúa Camiño do Peregrino; a adquisición dun tractor-desbrozadora e un camión de recollida de lixo en Pontedeume (152.609 €), a mellora do parque infantil de San Vitorio en Mugardos (40.000 €) ou o acondicionamento do parque do Areal en Cabanas (43.509 €).
Entre os concellos que apostan por mellorar camiños e estradas municipais figuran Fene (272.527 euros), Monfero ( 254.879 €), Valdoviño (240.888 €) Ortigueira (138.725 €), San Sadurniño (128.215 euros), As Somozas (123.247 €), Mañón (170.510 euros), Neda (87.457 euros), mentres que Vilarmaior, Narón, Cedeira ou A Capela, entre outros, financiarán tamén diversas obras de mellora nas súa redes de saneamento.
Dezaoito concellos da comarca (todos agás Ferrol, Mugardos e As Pontes) destinan parte dos fondos do Plan único que vai financiar parte do seu gasto corrente, que inclúe servizos básicos como o alumeamento municipal ou a recollida de lixo. Valdoviño é o único concello da comarca que destina este ano parte dos fondos a redución de débeda (14.710 €)
O Plan único ofrece aos concellos total liberdade á hora de decidir en que investir os fondos que lles achega a Deputación, cunha distribución que se basea en criterios obxectivos como a poboación, superficie, número de parroquias ou esforzo fiscal de cada municipio.
CONCELLO | GASTO CORRENTE | INVESTIMENTOS | REDUCIÓN DÉBEDA |
GASTO SOCIAL ADICIONAL 1/2022 |
POS+ ADICIONAL 2/2022 | TOTAL |
| ||||||
ARES | 118.500,48 | 156.285,24 |
| 41.475,17 | 248.851,01 | 565.111,90 |
| ||||||
CABANAS | 114.189,18 | 154.294,33 |
| 39.966,22 | 239.797,28 | 548.247,01 |
| ||||||
CARIÑO | 124.475,99 | 70.294,82 |
| 43.566,60 | 261.399,58 | 499.736,99 |
| ||||||
A CAPELA | 101.780,51 | 88.371,68 |
| 35.623,18 | 213.739,07 | 439.514,44 |
| ||||||
CEDEIRA | 195.022,57 | 178.512,97 |
| 68.257,90 | 409.547,40 | 851.340,84 |
| ||||||
CERDIDO | 95.407,42 | 100.181,11 |
| 33.392,60 | 200.355,58 | 429.336,71 |
| ||||||
FENE | 208.260,62 | 272.527,50 |
| 72.891,21 | 437.347,30 | 991.026,63 |
| ||||||
FERROL |
| 304.360,61 |
| 56.988,78 | 341.932,73 | 703.282,12 |
| ||||||
MAÑÓN | 134.953,59 | 170.510,73 |
| 47.233,75 | 283.402,54 | 636.100,61 |
| ||||||
MOECHE | 70.000,00 | 91.714,11 |
| 35.559,97 | 213.359,79 | 410.633,87 |
| ||||||
MONFERO | 224.313,99 | 254.879,24 |
| 78.509,90 | 471.059,38 | 1.028.762,51 |
| ||||||
MUGARDOS |
| 223.230,10 |
| 41.289,73 | 247.738,32 | 512.258,15 |
| ||||||
NARÓN | 496.928,50 | 523.432,63 |
| 173.924,97 | 1.043.549,85 | 2.237.835,95 |
| ||||||
NEDA | 114.070,27 | 87.457,28 |
| 39.924,59 | 239.547,57 | 480.999,71 |
| ||||||
ORTIGUEIRA | 345.216,87 | 138.725,13 |
| 120.825,91 | 724.955,43 | 1.329.723,34 |
| ||||||
PONTEDEUME | 158.349,28 | 152.609,30 |
| 55.422,25 | 332.533,49 | 698.914,32 |
| ||||||
AS PONTES |
| 860.641,30 |
| 145.759,75 | 874.558,52 | 1.880.959,57 |
| ||||||
SAN SADURNIÑO | 168.482,73 | 128.215,72 |
| 58.968,96 | 353.813,73 | 709.481,14 |
| ||||||
AS SOMOZAS | 138.133,24 | 123.247,21 |
| 48.346,64 | 290.079,80 | 599.806,89 |
| ||||||
VALDOVIÑO | 196.135,85 | 240.888,08 | 14.710,19 | 68.647,54 | 411.885,29 | 932.266,95 |
| ||||||
VILARMAIOR | 85.303,28 | 94.244,21 |
| 29.856,16 | 179.136,89 | 388.540,54 |
| ||||||
TOTAL | 3.089.524,37 | 4.414.623,30 | 14.710,19 | 1.336.431,78 | 8.018.590,55 | 16.873.880,19 |