Estás en:Emprego Novas

O Plan único da Deputación inviste este ano preto de 11 millóns nos concellos da comarca de Barbanza

884.587 euros destínanse para financiar gastos sociais nos 11 concellos da zona

O programa provincial dedica tamén máis de 3,6 millóns de euros para levar a cabo 42 obras e preto de 1 millón para financiar servizos básicos dos municipios como alumeamento ou recollida de lixo

Valentín González Formoso destacou a utilidade do Plan único para "reactivar a economía, mellorar infraestruturas e servizos municipais e dar apoio no eido social ante as necesidades derivadas da crise"

O Plan único da Deputación inviste este ano preto de 11 millóns nos concellos da comarca de Barbanza

O Plan único (POS+2022) da Deputación da Coruña alcanzará este ano os 10.897.857 euros investidos nos concellos da comarca de Barbanza, dos que 3,6 millóns xa teñen como destino o financiamento de 42 obras (uns números que se irán incrementando ao longo do ano cos fondos adicionais do plan) e preto de 1 millón destínase a financiar gastos sociais nos municipios co obxectivo de protexer aos colectivos máis vulnerables.

O presidente provincial, Valentín González Formoso, remarcou a utilidade deste programa para "contribuír á reactivación económica, cun investimento moi importante que este ano alcanza os 90 millóns na provincia, mellorar infraestruturas e servizos municipais e dar apoio aos concellos nos seus programas sociais"

884.587 euros para gasto social

O Plan único achega 884.587 euros aos 11 concellos da comarca para gastos sociais. As contías repartidas nos diferentes municipios oscilan entre os 51.875 euros de Carnota e os 133.761 que recibe Ribeira. Reforzo do persoal adscrito aos servizos sociais e axuda no fogar, creación de axudas para a cobertura de necesidades básicas coma vivenda, alimentación, gastos médicos e farmacéuticos ou escolarización dos colectivos máis vulnerables son algunhas das cuestións ás que os concellos están a destinar estes fondos.

3,6 millóns para 42 obras

Dentro do plan, todos os concellos da comarca executarán un total de 42 obras de humanización de rúas e espazos públicos, mellora nas redes de iluminación e saneamento, renovación de estradas, actuacións en instalacións municipais ou accións para incrementar a seguridade peonil, entre outras.

Entre os investimentos destacan a ampliación das pistas deportivas de Saamil-Corrubedo (116.339 €), a renovación do parque da Capela (179.566 €) e a construción dun novo parque infantil en Artes (114.838 €) en Ribeira, a mellora de beirarrúas en Pedra da Bouza (182.164 €) e urbanización das rúas Tenencia e Pesqueira (100.546 €) en Boiro, a renovación da cuberta do polideportivo Rosalía de Castro de Rianxo (171.432 €), a humanización da rúa Esperante (167.575) e mellora do pavillón polideportivo da Serra de Outes (62.352 €), a renovación de pavimentos en rúa da Igrexa, Santa Cristina de Barro, Carracido, Pereiro de Arriba, Obre e outros núcleos rurais de Noia (171.020 €) ou humanización do calexón Outonil e a construción de beirarrúas en Eiravedra, O Pozo, Coira e Freixedo en Porto do Son (335.195 €).

Entre os concellos que apostan por mellorar camiños e estradas municipais figuran Muros (412.353 €), Lousame (146.782€), Carnota (173.969 €), Mazaricos (285.512 €).

Seis concellos da comarca (Carnota, Lousame, Mazaricos, Noia, A Pobra do Caramiñal, e Rianxo) destinan parte dos fondos do Plan único a financiar gasto corrente, que inclúe servizos básicos como o alumeamento municipal ou a recollida de lixo. Outros cinco (Boiro, Carnota, Muros, A Pobra e Ribeira) destinan este ano parte dos fondos a redución de débeda.

O Plan único ofrécelles aos concellos total liberdade á hora de decidir en qué investir os fondos que lles achega a Deputación, cunha distribución que se basea en criterios obxectivos como a poboación, superficie, número de parroquias ou esforzo fiscal de cada municipio.

CONCELLO

GASTO       CORRENTE

INVESTIMENTOS

REDUCIÓN DÉBEDA

 

GASTO SOCIAL

ADICIONAL

1/2022

 

 

POS+ ADICIONAL

2/2022

TOTAL

 

BOIRO

 

524.453,39

23.803,57

111.083,33

666.500,02

1.325.840,31 

 

CARNOTA

79.307,85

173.969,81

11.116,16

51.875,43

311.252,53

627.521,78 

 

LOUSAME

164.911,45

146.782,70

 

57.719,01

346.314,05

715.727,21

 

MAZARICOS

277.150,71

285.512,00

 

97.002,74

582.016,49

1.241.681,94

 

MUROS

 

412.353,32

15.090,59

70.422,74

422.536,44

920.403,09 

 

NOIA

219.024,41

171.020,29

 

76.658,54

459.951,26

926.654,50 

 

OUTES

 

377.061,07

 

73.319,89

439.919,36

890.300,32 

 

POBRA DO

CARAMIÑAL, A

164.531,60

78.123,58

12.339,87

57.586,06

345.516,36

658.097,47

 

PORTO SON

 

335.195,29

 

82.214,97

493.289,87

910.700,13 

 

RIANXO

36.974,47

264.792,83

 

72.942,58

437.655,41

812.365,29 

 

RIBEIRA

 

903.569,43

28.663,25

133.761,85

802.571,13

1.868.565,66 

 

TOTAL

941.900,49

3.672.833,71

91.013,44

884.587,14

5.307.522,92

10.897.857,70 

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X