Estás en:Emprego Novas

A Deputación colabora no proxecto “Reto Empleo 30 días” que contribuirá a que as persoas participantes atopen un novo emprego no primeiro mes de 2023

O proxecto "Reto Empleo 30 días" é unha iniciativa da psicóloga Eva Porto, influencer especializada en recursos humanos

Nas edicións de 2022 do "Reto Empleo 30 días" participaron máis de 30.000 persoas

O primeiro reto terá lugar o 1 de xaneiro de 2023

A Deputación colabora no proxecto “Reto Empleo 30 días” que contribuirá a que as persoas participantes atopen un novo emprego no primeiro mes de 2023

A Deputación da Coruña colabora, a través Plan de emprego local (PEL), co proxecto "Reto Empleo 30 días" impulsado por Eva Porto, psicóloga especialista en recursos humanos que conta con máis de 1,5 millóns de seguidores nas súas redes sociais.

O proxecto ten por obxectivo acadar que as persoas participantes consigan un emprego no tempo récord de 30 días a través da realización dunha serie de retos diarios.

Durante os primeiros 30 días de xaneiro as persoas participantes recibirán no seu enderezo electrónico pequenos desafíos que lles guiarán na súa procura de emprego. Neles afondarase en todos os aspectos esenciais para ter éxito na procura de emprego: currículum, entrevistas de traballo, LinkedIn, portais de emprego, etc. Ademais contarase coa participación de empresas como Endesa, Michael Page, Accenture, JD Sport, Sprinter, Minsaint, entre outras, que irán publicando as súas vacantes a través dos distintos retos.

Na edición de 2023 do "Reto Empleo 30 días" tamén participarán outros influencers como María Speaks English, que impartirá un reto sobre entrevistas en inglés; Lawtips, que explicará o uso das redes sociais a nivel profesional; ou un tío legal, que explicará os dereitos dos traballadores.

As inscricións son gratuítas e deben realizarse a través da seguinte páxina web: https://evaporto.com/reto-empleo-30-dias/

O Plan de emprego local da Deputación da Coruña continúa a apoiar as iniciativas de fomento do emprego e mellora da empregabilidade como medio para acadar unha maior cohesión social e de potenciar o desenvolvemento socioeconómico do territorio.

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X