Estás en:Emprego Novas

A Deputación e COFER valoran a adhesión do Centro de negocios da Confederación de Empresarios de Ferrolterra, Eume e Ortegal á Rede Provincial de Coworking

A Deputación e COFER valoran a adhesión do Centro de negocios da Confederación de Empresarios de Ferrolterra, Eume e Ortegal á Rede Provincial de Coworking

O deputado da área de Emprego, José Ramón Rioboo, reuniuse hoxe na sede da Deputación con Cristóbal Dobarro, presidente da Confederación de Empresarios de Ferrolterra, Eume e Ortegal (COFER) para explorar a adhesión do seu centro de negocios e incubadora de empresas á Rede Provincial de Coworking.

Este espazo, situado no centro de Ferrol, e totalmente amoblado e equipado, conta cunhas modernas instalacións que dispoñen de todos os servizos necesarios para a posta en marcha e desenvolvemento de empresas, como a climatización individual de todas as zonas e despachos, internet e wifi, telefonía dixital e central e fax, fotocopiadora e servizo de impresión láser a cor, secretaría, salas de reunións, sala de xuntas e sala de espera, así como servizo de cafetaría durante as reunións.

"A Deputación aposta pola creación de emprego e o impulso ao talento coa Rede de Coworking Provincial. Actualmente 11 centros que están permitindo que máis de 200 emprendedoras e emprendedores de toda a provincia poñan en marcha os seus proxectos e ideas de negocio sen ter que saír do seu territorio", afirmou Rioboo.

Rede Provincial de Coworking

A Rede Provincial de Coworking da Deputación da Coruña, en continuo crecemento desde a súa posta en marcha en 2019, conta xa con 11 espazos adheridos que prestan servizos de fomento do emprendemento e asesoramento na creación de empresas con carácter supramunicipal e especializándose nos sectores estratéxicos de cada comarca.

Actualmente conforman a Rede o coworking Pazo de Arenaza en Oleiros, o centro de transformación Daquí Darredor en Brión, o LAB Barbanza en Boiro, o espazo A Proa en Ames, o centro de desenvolvemento comarcal de Moeche, o Green Coworking das Pontes, o centro de emprendemento A Estación de Vedra, o Coworking Dixital CCompostela de Santiago, o Coworking A Pobra, o coworking A Capela e o coworking do Fórum Carballo.

Máis información sobre a Rede na web redecoworking.pel.gal

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X