Estás en:Emprego Novas

Persoal técnico do Plan de Emprego Local da Deputación participará mañá nunha xornada informativa organizada por AJE Coruña sobre as axudas do PEL 2023

A charla será de carácter telemático de 9 a 10 horas
Realizarase unha explicación sobre as diferentes liñas de axudas do PEL para este ano
A inscrición é gratuíta e debe realizarse cubrindo un formulario en liña

Persoal técnico do Plan de Emprego Local da Deputación participará mañá nunha xornada informativa organizada por AJE Coruña sobre as axudas do PEL 2023

Mañá martes, 28 de febreiro, persoal técnico do Plan de Emprego Local (PEL) da Deputación da Coruña participará nunha xornada técnica organizada por AJE Coruña sobre as axudas PEL 2023.
Durante este evento os membros da Asociación de Jóvenes Empresarios da Coruña terán posibilidade de coñecer de primeira man as axudas do Plan de Emprego Local e como presentar a súa solicitude na plataforma SUBTeL.

Esther Reíllo, técnica do Plan de Emprego Local afondará nas axudas de PEL-Emprende Investimento, PEL-Autónom@s, PEL-Pemes Creación e Ampliación do cadro de persoal e PEL-Pemes mantemento do cadro de persoal, cuxo prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o vindeiro 10 de marzo ás 14.00 horas.

Esta xornada desenvolverase integramente en liña, a través da aplicación Zoom, en horario de mañá, de 9.00 h a 10.00 h.

A inscrición é gratuíta e debe realizarse con carácter previo cubrindo o seguinte formulario en liña: https://forms.gle/FubSKHYvSwqaTvvN6

Pode atopar máis información sobre as liñas de axudas do Plan de Emprego Local en pel.gal/axudas.

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X