Estás en:Emprego Novas

A Deputación leva a pleno un investimento de 347.551 euros para mellorar a seguridade da estrada DP-0605 en A Muíña (Touro)

Ampliarase a calzada ata os 7 metros de ancho e construirase unha senda peonil na marxe esquerda da estrada

A Deputación leva a pleno un investimento de 347.551 euros para mellorar a seguridade da estrada DP-0605 en A Muíña (Touro)

A Deputación da Coruña leva mañá ao pleno ordinario de maio un investimento de 347.551 euros para as obras de ampliación e mellora da seguridade da estrada provincial DP 0605 no lugar de A Muíña, no termo municipal de Touro.

Para mellorar a seguridade ensancharase a calzada dos 4,80 metros actuais a 7 metros, con carrís de circulación de 3 metros e beiravías laterais. As obras inclúen tamén a construción dunha senda peonil de dous metros de ancho na marxe esquerda da calzada, o que permitirá circular con seguridade as veciños que ata agora non dispoñen dun paso peonil seguro.

As actuación desenvolveranse entre os puntos quilométricos 5+900 e 6+530 e contan cun prazo de execución de seis meses a partir do seu inicio

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X