O Pazo de Arenaza acolle mañá a xornada de networking “Conectando Pemes”, organizado coa colaboración da Deputación e AJE Coruña
Participarán 25 persoas emprendedoras e empresarias
Mañá venres, 29 de setembro, a partir das 12.00 horas, a Asociación de Jóvenes Empresarios e Empresarias da Coruña (AJE Coruña) e a Deputación da Coruña organizan no Pazo de Arenaza unha nova edición de "Conectando Pemes", un evento de networking que procura o establecemento de novos contactos entre empresas.
A primeira fase da sesión brindará a todos a oportunidade de presentar ao resto o seu proxecto ou empresa nun breve "pitch".
A continuación, as 25 persoas empresarias e emprendedoras de diversos ámbitos profesionais compartirán varias mesas de networking. A dinámica consistirá en que cada empresario/a contará con dous minutos en cada mesa para presentarse e presentar a súa empresa aos demais participantes e, unha vez transcorridos 10 minutos, realizarase un cambio de mesa. De xeito que todas as persoas asistentes charlen entre si.
Este evento terá unha duración de dúas horas, de 12.00h a 14.00h, e inscrición e gratuíta, a través da seguinte páxina web:
https://arenaza.pel.gal/events/1415269698/conectando-pemes?public&
Desde o coworking do Pazo de Arenaza, centro integrante da Rede Provincial de Espazos de Traballo Colaborativo da Deputación da Coruña , trátase de fomentar as sinerxías entre as Peme e propiciando a xeración de novas ideas empresariais.