Estás en:Emprego Novas

O coworking do Pazo de Arenaza acollerá a European Freelancers Week durante esta semana cun “Open Coworking” e o evento “3+1 aprendizaxes para freelancers”

O coworking do Pazo de Arenaza acollerá a European Freelancers Week durante esta semana cun “Open Coworking” e o evento “3+1 aprendizaxes para freelancers”

Esta semana celébrase a European Freelancers Week, que procura poñer en valor o tecido autónomo europeo con eventos por todo o continente. Estas xornadas buscan crear conexións e colaboracións, así como dar luz a problemas e posibles solucións do sector dos autónomos. O Pazo de Arenaza en colaboración con AJE Coruña, participará neste evento a través dun "Open Coworking" ao longo de toda a semana e do evento "3+1 aprendizaxes para freelancers" o 20 de outubro.

O "Open Coworking" permitirá a calquera persoa usar un módulo de traballo no Pazo de Arenaza do 16 ao 20 de outubro. O único requisito para poder participar é inscribirse na súa páxina web, xa que as prazas son limitadas.

O 20 de outubro ás 10 da mañá celebrarase no coworking de Iñás o evento "3+1 aprendizaxes para freelancers", no que tres relatores achegarán a súa experiencia e aprendizaxe na contorna freelance: Tania Prego Bravo, Socio Director en Ártica Agencia Creativa que falará sobre a súa viaxe de freelancer a axencia; Leandro Menéndez, podcaster en Babel Infinito e creador de contidos en Mumbler, mostrará unha perspectiva empresarial da creación de podcasts; e Ana Belén Muñiz Vera, xestora de empresa e formadora, dará as claves de cotizacións dos autónomos.


Este evento será presencial no Pazo de Arenaza, con opción de participar en liña en directo Para poder asistir, presencialmente ou en liña, será preciso inscribirse na súa páxina web.

O Pazo de Arenaza forma parte da Rede Provincial de Espazos de Traballo da Deputación da Coruña e a través destas iniciativas pretende xerar sinerxias entre o tecido empresarial da contorna e das persoas emprendedoras que están a desenvolver os seus proxectos neste centro, especializado en arquitectura, urbanismo e empresas de base tecnolóxica.

Para máis información: https://arenaza.pel.gal/events/1415275406/efweek2023-31-aprendizaxes-para-freelancers?public&

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X