Estás en:Emprego Novas

Rosa Ana García destaca o impacto do Plan de Emprego Local na comarca de Ferrolterra na Gala do VIII Premio Joven Empresario

A deputada destacou a creación de 1.141 empregos e apoiáronse preto de 2.700 proxectos, cun orzamento de máis de 15 millóns de euros

Quixo agradecer o labor realizado desde AJE Ferrolterra á hora de recoñecer o labor das persoas que contribúen a xerar riqueza e emprego na comarca

Rosa Ana García destaca o impacto do Plan de Emprego Local na comarca de Ferrolterra na Gala do VIII Premio Joven Empresario

A deputada de Emprego, Rosa Ana García, participou esta tarde na Gala de Entrega do VIII Premio Joven Empresario/a e iniciativa emprendedora, que tivo lugar no Muíño de Xubia en Narón.

Estes premios son un recoñecemento a traxectorias e iniciativas empresariais na comarca de Ferrolterra a través da entrega de diferentes galardóns e distincións.

A deputada de Emprego quixo agradecer "o importante labor que levan a cabo desde a Asociación de Jóvenes Empresarias e Empresarios de Ferrolterra, que a través deste evento recoñecen o labor das persoas que contribúen a xerar riqueza e emprego, servindo de apoio e referencia aos novos empresarios e empresarias que comezan a súa carreira".

Rosa Ana García subliñou "o apoio da Deputación a través do Plan de Emprego Local, creando na comarca de Ferrolterra un total de 1.141 empregos e apoiando case 2.700 proxectos, cun orzamento de máis de 15 millóns de euros a través das súas diferentes liñas".

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X