Estás en:Emprego Novas

A Deputación encarga a redacción dun proxecto de mellora da seguridade viaria na DP 0503 no núcleo de Suevos, en Arteixo

O proxecto definirá as accións que se van realizar para a mellora da seguridade da estrada, que vai de Bordeiras ao Porto de Suevos, desde o PQ 1+000 ata o PQ 2+100

A Deputación encarga a redacción dun proxecto de mellora da seguridade viaria na DP 0503 no núcleo de Suevos, en Arteixo

A Deputación da Coruña vén de adxudicar por 23.595 euros a redacción do proxecto de mellora da seguridade viaria na DP 0503, no núcleo de Suevos, no Concello de Arteixo.

O proxecto definirá as accións que se van realizar para a mellora da estrada, que vai de Bordeiras ao Porto de Suevos, desde o PQ 1+000 ata o PQ 2+100. Na actualidade, a vía presenta unha forte pendente, curvas reducidas, non dispón de sendas para o tránsito peonil e é moi estreita, estando nunha zona con numerosas vivendas.

O proxecto presentará as solucións técnicas para ampliar a sección da vía, habilitando zonas para o tránsito peonil e dotando a estrada de condicións que melloren a seguridade tanto na circulación de vehículos coma no acceso ás vivendas das persoas residentes na zona.

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X