Estás en:Emprego Novas

A Deputación inicia os trámites de expropiación para as obras de mellora da seguridade da estrada DP-0605 na Muíña (Touro)

Ampliarase a calzada ata os 7 metros de ancho e construirase unha senda peonil na marxe esquerda da estrada

A Deputación inicia os trámites de expropiación para as obras de mellora da seguridade da estrada DP-0605 na Muíña (Touro)

A Deputación da Coruña publica hoxe no Boletín Oficial da Provincia o anuncio do levantamento de actas pravias á ocupación dos terreos dos 26 predios afectados polas obras de ampliación e mellora da seguridade da estrada provincial DP 0605 no lugar da Muíña, no termo municipal de Touro.

Os veciños e veciñas propietarios dos terreos están citados o martes, 28 de novembro, no local social de Quión, en Touro, entre as 16 e as 16.45 horas.

As obras prevén o ensanchamento da calzada, que pasará dos 4,80 metros actuais a 7 metros, con carrís de circulación de 3 metros en cada sentido de circulación e beiravías laterais de medio metro.

O proxecto inclúe tamén a construción dunha senda peonil de dous metros de ancho na marxe esquerda da calzada, o que permitirá circular con seguridade ás veciñas que ata agora non dispoñen dun paso peonil seguro.

As actuación suporá un investimento de 347.551 euros e desenvolveranse entre os puntos quilométricos 5+900 e 6+530, no lugar da Muíña. O prazo de execución é de seis meses a partir do inicio das obras.

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X