Estás en:Emprego Novas

A Deputación licita por 732.542 euros as obras de mellora da DP-1603 ó seu paso pola Travesía de Ponte do Porto nos concellos de Camariñas e Vimianzo

As obras inclúen a construción de novas beirarrúas, firmes e a pavimentacións da estrada

A Deputación licita por 732.542 euros as obras de mellora da DP-1603 ó seu paso pola Travesía de Ponte do Porto nos concellos de Camariñas e Vimianzo

A Deputación da Coruña vén de publicar na Plataforma de Contratación do Estado a licitación das obras de acondicionamento da estrada DP-1603 ao seu paso pola travesía de Ponte do Porto, nos concellos de Camariñas e Vimianzo. As obras comprenden unha lonxitude de 400 metros, entre os PQ 0.330 e PQ 0.740, e contan cun orzamento de 732.542 euros.

As actuacións contempladas están encamiñadas á mellora da estrada DP-1603 ao seu paso pola travesía da Ponte do Porto, que actualmente conta cun amplo paseo, á beira da ría do Porto. As baldosas do paseo presentan unha deterioración  importante causada polo paso do tempo e igualmente o firme da estrada, que está irregular e desgastado.

As obras consistirán na demolición das beirarrúas e bordos existentes e unha nova distribución das zonas axardinadas para construír despois as novas beirarrúas mediante o emprego de formigón continuo. Na zona do paseo prevese a reposición cun firme de formigón impreso.

As obras contemplan tamén a reordenación da praza de San Roque coa colocación dun enlousado de pedra granítica abrindo a fonte e a praza ao seu contorno.

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X