Estás en:Emprego Novas

A Deputación aproba un investimento de 290.000 euros para mellorar a seguridade viaria na DP – 3108 na rúa San Xiao, no Concello de Culleredo

A execución desta obra, que vai desde o punto quilométrico 0 ata o punto quilométrico 0+320, conta cun orzamento de 290.368 euros

As principais liñas de traballo desta execución van encamiñadas a ordenar o tráfico rodado e peonil, co fin de acadar unha harmonización e coexistencia entre eles e o espazo público

A Deputación aproba un investimento de 290.000 euros para mellorar a seguridade viaria na DP – 3108 na rúa San Xiao, no Concello de Culleredo

O Pleno da Deputación da Coruña aprobou hoxe por unanimidade un investimento de 290.368 euros para as obras de mellora da seguridade viaria e renovación de pavimentos na estrada provincial DP – 3108 na rúa San Xiao, no Concello de Culleredo.

A execución desta obra, que vai desde o punto quilométrico 0 ata o punto quilométrico 0+320 desta rúa. As principais liñas de traballo desta execución van encamiñadas a ordenar o tráfico rodado e peonil, co fin de acadar unha harmonización e coexistencia entre eles e o espazo público.

En primeiro lugar, procederase a aplicar unha minoración da velocidade de circulación dos vehículos de motor, incrementando a seguridade na zona.

Realizarase a rehabilitación do pavimento actual na calzada e nas beirarrúas, redefinindo as seccións en certos tramos do percorrido co obxectivo de optimizar a sección e mellorar a circulación.

En canto á renovación do pavimento, hai dúas actuacións diferenciadas. Desde o punto quilométrico + 0 ao punto quilométrico 0+062 e desde o punto quilométrico 0+187 ata o punto quilométrico 0+320 está prevista a execución do firme en aglomerado e a construción das beirarrúas do primeiro dos tramos.

No tramo intermedio, que vai desde o punto quilométrico 0+062 ata o punto quilométrico 0+187, a causa da proximidade coas vivendas e os muros dos perímetros, non permite a execución de beirarrúas laterais, polo que se incluirá unha plataforma única compartida con bordos de lastra de granito.

A elección das pavimentacións da obra facilitarán unha percepción clara e sinxela do uso do tráfico. Foron seleccionadas alternativas de fácil mantemento, tendo en conta a duración e a integración co carácter da intervención.

Efectuarase unha mellora estética da zona utilizando materiais que, ademais de ser atractivos, sexan resistentes e duradeiros. Ademais, repoñeranse os servizos municipais afectados polas obras e, finalmente simplificarase a sinalización vertical e horizontal existente, adaptándoa ao novo escenario deseñado.

Esta actuación mellorará as infraestruturas básicas do Concello de Culleredo, contribuíndo a humanizar un espazo moi concorrido e facilitando a circulación tanto dos vehículos como dos peóns.

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X