Estás en:Emprego

Pildora informativa: Dia Internacional de Protección de Datos

Pildora informativa: Dia Internacional de Protección de Datos

O PRINCIPIO DE "MINIMIZACIÓN DE DATOS"

O vindeiro 28 de xaneiro celébrase o Día Internacional da Protección de Datos. Por este motivo queremos lembrar o Principio de «minimización de datos» regulado no artigo 5.1.c) do Regulamento Xeral de Protección de Datos (RXPD) que establece que os datos persoais deben ser adecuados, pertinentes e limitados ao necesario en relación cos fins para os que son tratados.

Por tanto, en calquera recollida de datos débese minimizar a cantidade destes que se recadan, comunican ou conservan, limitándoos aos estritamente necesarios.

PAUTAS PARA DAR CUMPRIMENTO AO PRINCIPIO DE MINIMIZACIÓN DE DATOS

  • Formularios en papel, en liña ou outros medios de recollida: das persoas que cumprimentan un formulario xeral dirixido á atención de consultas, sería necesario coñecer a data de nacemento?
  • Comunicación e publicación: ao comunicar a resolución dun procedemento de forma conxunta aos interesados, non resultaría preciso que os datos de contacto de todos eles (domicilio, correo electrónico, nº teléfono) fosen comunicados ao resto, aínda que figuren en documentos que lles deban ser trasladados.
  • Publicación de actos administrativos e anuncios: existe unhas Orientacións da Axencia Española de Protección de Datos (AEPD) segundo as exixencias da LOPDGDD(*).
  • Ferramentas ou aplicacións de deseño propio deberían solicitar unicamente a información relevante para a finalidade que persegue. Se se considera que unha aplicación está a solicitar máis datos dos necesarios, débese poñer en coñecemento do delegado de protección de datos (DPD) correspondente.

Á súa vez pode atopar máis información e consellos sobre ciberseguridade e protección de datos no portal ciberseguridadegalicia.gal

(*) Lei orgánica de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.

Visítanos en   Chámanos ao 981 415 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X