Estás en:Emprego Novas

O Festival de La Luz volve a Boimorto o vindeiro mes de agosto

Antonio Leira asistiu ao acto de presentación dos primeiros artistas de 2024 e entrega dos 93.523 euros recadados na pasada edición a favor de Down Galicia

O evento conta co apoio da Deputación da Coruña, que instala cada ano no recinto o seu Mercado de produtos locais

O Festival de La Luz volve a Boimorto o vindeiro mes de agosto

O Festival da Luz celebrarase este ano os días 23, 24 e 25 de agosto en Boimorto e contará coa presenza de artistas destacados como a propia Luz Casal, Fillas de Casandra o Miguel Costas, cantante de Siniestro Total.

O cartel complétase con bandas nacionais e internacionais coma Chica Sobresalto, Paula Koops, Gilopojazz, Veintinuno, ou Chris Barron, cantante dos Spin Doctors.

O evento conta un ano máis co apoio da Deputación da Coruña, que colabora na parte musical e instala cada ano no recinto o seu Mercado de promoción de produtos locais.

O deputado Antonio Leira Piñeiro asistiu hoxe na Fundación Paideia da Coruña á presentación do Festival de La Luz 2024, un acto no que tamén se entregou a recadación solidaria do ano pasado, que ascendeu a 93.523 euros, a favor de Down Galicia. Tamén houbo achegas solidarias para a Cruz Vermella (2.500 euros) e para distintas asociación do Concello de Boimorto (4.000 euros).

Leira destacou que o Festival mestura "cultura, solidariedade e aposta polo rural" e sostivo que a Deputación reforzará este ano a súa colaboración cun evento "que xa é unha referencia na nosa provincia".

O Festival volverá  contar co Mercado da Deputación, no que participarán de novo máis de corenta produtores locais do eido da alimentación a artesanía ou a innovación.

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X