Estás en:Emprego Novas

Europe Direct da Deputación entrega os premios do Día de Europa

O Pazo provincial iluminarase esta noite de azul 

Europe Direct da Deputación entrega os premios do Día de Europa

A Deputación da Coruña acolleu hoxe os actos de entrega de premios dos dous concursos que EUROPE DIRECT A Coruña organizou con motivo do Día de Europa. Os premios da undécima edición do concurso de fotografía Cidadanía Europea en Galicia, que este ano tiña por lema 'Europa cerca de ti', foron para Andoni Urresti coa súa fotografía "Cúpula de Estrellas: Un susurro de unidad", unha imaxe tomada na antiga cisterna do castelo de Liubliana e pola que recibirá unha cámara de fotos. En segundo lugar, quedou a fotografía "Arte e movemento", de Malena Casal, que simboliza a liberdade de circulación das persoas en Europa. Recibirá unha tableta como premio.

No segundo acto do día, EUROPE DIRECT A Coruña entregou os bonos de interrail que gañaron os e as participantes na campaña Embaixadorxs Destino Europa, unha iniciativa do centro para difundir as oportunidades europeas para a mocidade en redes sociais.

Os membros do ClubUE (Alberto López, Tania Aguiar, Laura López, Lara de la Iglesia, Sara Figueroa, Marcos Hernández, Teresa Maroño e Natalia Fraga) compartiron 160 publicacións e historias durante tres semanas dende as súas contas de Instagram para difundir os programas e iniciativas da Unión Europea para a mocidade. Os participantes que cumpriron cos requisitos do concurso recibirán o Día de Europa un Interrail Global Pass que permite viaxar en tren por Europa.

Os premios foron entregados pola deputada Cristina Capelán Cancelo.

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X