Estás en:Emprego Novas
BIBLIOCLIP, música dende a BPDC

“Non te deixes ir (o teu tempo é agora)”

Tema: alfabetización
Canción: "Butterflies and Hurricanes", Muse
...Don't let yourself go (your time is now)...

“Non te deixes ir (o teu tempo é agora)”

A alfabetización é un dereito humano fundamental.

Xeralmente, considérase que a alfabetización é o proceso que posibilita a obtención das habilidades de lectura, escritura e cálculo. Na actualidade, está a ampliarse este enfoque, definíndoa como un medio de identificación, comprensión, interpretación, creación e comunicación, nunha sociedade onde hoxe predomina o dixital, abunda a información e é frecuente o cambio. En realidade, a alfabetización é un proceso continuo de aprendizaxe ao longo da vida, e englóbase nun amplo conxunto de competencias, entre as que se atopan as competencias dixitais, as competencias específicas para o traballo ou a alfabetización mediática e informacional.

A importancia da alfabetización reside no feito de estar incluída no dereito á educación, e na transcendencia dos seus efectos. O aumento das capacidades dunha persoa posibilita a súa mellora vital e laboral. A alfabetización dá acceso a outros dereitos humanos e a unha maior liberdade, participación cidadá e desenvolvemento social.

O 8 de setembro celébrase o Día Internacional da Alfabetización. En 2022, uns 765 millóns de adultos non sabían ler nin escribir, 2 terzos deles eran mulleres, e uns 250 millóns de nenos e nenas non ían á escola. Para máis información: https://www.unesco.org/es/days/literacy.

En todo este proceso de aprendizaxe ou autoaprendizaxe as Bibliotecas teñen moito que achegar, no espazo físico e no dixital.

Agora podería ser un bo momento para comezar...

Vídeo
YouTube: https://www.youtube.com/watch?v=EzCKrwOme2U

Música
Spotify: https://open.spotify.com/intl-es/track/5XpJOQgVEuM1FzgeGXzUvk

Recomendacións lectoras
Papel:
https://biblioteca-catalogo.dacoruna.gal/cgi-bp/dc1gao.exe?W1=5&W2=905200&A6=50012077900015&A7=0
https://biblioteca-catalogo.dacoruna.gal/cgi-bp/dc1gao.exe?W1=5&W2=905175&A6=5001214720003&A7=0
https://biblioteca-catalogo.dacoruna.gal/cgi-bp/dc1gao.exe?W1=5&W2=905222&A6=5001162750003&A7=0
https://biblioteca-catalogo.dacoruna.gal/cgi-bp/dc2gao.exe?W1=5&W2=905352&A6=1000181810008&A7=0
https://biblioteca-catalogo.dacoruna.gal/cgi-bp/dc2gao.exe?W1=5&W2=905213&A6=1000214890003&A7=0

Dixital:
https://ebiblio.dacoruna.gal/info/el-reto-de-la-alfabetizacion-digital-de-la-sustitucion-a-la-transformacion-00401349
https://ebiblio.dacoruna.gal/info/y-me-llevo-una-00075732
https://ebiblio.dacoruna.gal/info/saber-leer-00364827
https://ebiblio.dacoruna.gal/info/lingo-guia-de-europa-para-turistas-linguisticos-00271111
https://ebiblio.dacoruna.gal/info/como-escribir-relamente-mal-ebook-epub-00039215
https://ebiblio.dacoruna.gal/info/a-nena-lectora-00271072

Audiolibro:
https://ebiblio.dacoruna.gal/info/aprendiendo-a-aprender-mejora-tu-capacidad-de-aprender-descubriendo-como-aprende-tu-cerebro-00405984
https://ebiblio.dacoruna.gal/info/guiaburros-ciberseguridad-consejos-para-tener-vidas-digitales-mas-seguras-00330641

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X