Estás en:Emprego Novas
FONDOS

Boletín de novidades de agosto

Consulta todas as novidades que entraron na Biblioteca e na eBiblioDaCoruna durante o mes de agosto de 2024.

Boletín de novidades de agosto

Xa está dispoñible o boletín de materiais que pasaron a formar parte dos fondos da Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña durante o mes de agosto de 2024. Con esta guía podes coñecer as últimas incorporacións á Biblioteca na sección de persoas adultas, biblioteca xuvenil, fonoteca, BBTK Infantil e tamén na eBiblioDaCoruna.

Para levar en préstamo é preciso buscar previamente o recurso, ben no catálogo en liña, ben nas guías de novidades ou ben preguntando ao Servizo de Información da Biblioteca.

Para acceder aos contidos dixitais, é preciso estar de alta na eBiblioDaCoruna. Se es usuario de calquera biblioteca pública municipal da provincia da Coruña, ou da Biblioteca da Deputación, podes solicitar a túa alta aquí: Alta no préstamo electrónico.

  • Aquí tes o boletín da EbiblioDaCoruna deste último mes

Portada boletín digital dixital  agosto.png

Descárgao aquí

Portada boletín novedades papel novidades agosto.png

Descárgao aquí

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X