Estás en:Emprego Novas

A Deputación da Coruña liquida este ano a Audasa o 100% do IBI nos 18 concellos coruñeses polos que discorre a AP-9

Formoso destaca que o fin da bonificación do IBI da AP-9 suporá para estes concellos pasar dunha recadación de 189.000 euros a máis de 3,7 millóns anuais

A Deputación da Coruña liquida este ano a Audasa o 100% do IBI nos 18 concellos coruñeses polos que discorre a AP-9

Tal como anunciara a principios deste ano, a área de Xestión Tributaria da Deputación da Coruña liquidará este ano a Audasa o 100% do IBI nos 18 concellos polos que discorre a AP-9 e que teñen delegada a xestión e cobro dos seus tributos na institución provincial.

Así o anunciou esta mañá o presidente da Deputación, Valentín González Formoso, que explicou que se liquidará por primeira vez o 100% do IBI a Audasa nos concellos polos que pasa a AP-9 e que teñen delegada a xestión do imposto na Deputación. 

O presidente indicou que "o fin da bonificación no IBI da AP-9 implicará para estes 18 concellos da provincia pasar duns ingresos anuais de 189.000 euros a máis de 3,7 millóns de euros en concepto de IBI polo paso da autoestrada no seu territorio".

Formoso lembrou que os servizos tributarios da Deputación xa tiñan tomada esta decisión "de oficio, en virtude do Real decreto 173/2000, que na súa claúsula vixésima establece no 19 de agosto de 2023 o fin do 95% de bonificación do que gozaba Audasa desde hai décadas" grazas a unha Lei de 1972.

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X