Estás en:Emprego Novas
FOMENTO DA LECTURA

Actividades da Biblioteca Provincial (Outono de 2024)

A continuación deixamos toda a información sobre as actividades de fomento da lectura que se desenvolverán ao longo dos vindeiros meses.

Actividades da Biblioteca Provincial (Outono de 2024)

ACTIVIDADES OUTONO 2024

Dende a Biblioteca Provincial temos preparadas diferentes actividades dirixidas a persoas de todas as idades, relacionadas co fomento da lectura e a cultura. A inscrición comeza o 23 de setembro ás 10h. para as actividades das persoas adultas e o 7 de outubro ás 10:30h para a infancia e mocidade.

ACCESO AO FORMULARIO DE INSCRICIÓN

PERSOAS ADULTAS

CLUB DE LECTURA DE POESÍA: POESÍA MODERNA E UNIVERSAL DO SÉCULO XX
Impartido por Xoán Abeleira

  • Día: xoves de 19:00 a 20:30 h
  • Prazas: 20
  • Duración: 12 sesións. De outubro a xaneiro
  • Data de comezo: mércores 17 de outubro

CLUB DE LECTURA DE LIBROS EXTRAORDINARIOS
Impartido por Xoán Abeleira

  • Día: luns de 19:00 a 20:30 h
  • Prazas: 20
  • Duración: 12 sesións. De outubro a xaneiro
  • Data de comezo: o luns 14 de outubro

CONVERSAS EN INGLÉS
NIVEL MEDIO I

  • Impartido por Elisabeth Hamer
  • Día: MÉRCORES de 11:30 a 12:45 h.
  • Duración: 12 sesións. De outubro a xaneiro
  • Prazas: 15
  • Data de comezo: mércores 16 de outubro

NIVEL MEDIO II (INTERMEDIO ALTO)

Impartido por Elisabeth Hamer

  • Día: LUNS de 19:15 a 20:30 h.
  • Duración: 12 sesións. De outubro a xaneiro
  • Prazas: 15
  • Data de comezo: o luns 14 de outubro

ALFABETIZACIÓN DIXITAL: MANEXO DE SMARTPHONES
Edición 1:

  • Día: MARTES de 10:00 a 12:00 h.
  • Duración: 6 sesións. Días: 22, 29 de outubro; 5, 12, 19, 26 de novembro
  • Prazas: 15
  • Data de comezo: o martes 22 de outubro
  • Lugar: Sala Manuel López. Biblioteca Provincial

Edición 2:

  • Día: MARTES de 12:00 a 14:00 h.
  • Duración: 6 sesións. Días: 22, 29 de outubro; 5, 12, 19, 26 de novembro
  • Prazas: 15
  • Data de comezo: o martes 22 de outubro
  • Lugar: Sala Manuel López. Biblioteca Provincial

OBRADOIRO DE POESÍA "A TIRO DE VERSO"

Promovido polo Departamento de Cultura da Deputación da Coruña e coordinado por Apiario, ao abeiro do Premio González Garcés de Poesía

  • Día: MÉRCORES de 19:00 a 20:30 h.
  • Duración: 4 sesións. Días: 9, 16, 23 e 30 de outubro.
  • Prazas: 20
  • Data de comezo: mércores 6 de outubro
  • Lugar: Sala César Antonio Molina – Mercedes Monmany. Biblioteca Provincial
  • Inscrición: na web da Biblioteca a partir do 23 de setembro

RESERVA DE PRAZA PARA AS ACTIVIDADES PARA PERSOAS ADULTAS

  • Teñen prioridade na reserva de praza as persoas socias.
  • Inscríbete na páxina web www.dacoruna.gal/biblioteca no apartado Actividades e escollendo actividade na que queres reservar praza (é necesario ter o carné da biblioteca á man): 

ACCESO AO FORMULARIO

  • O formulario para inscribirse abrirase a partir do día 23 de setembro de 2024 ás 10:00 h. No caso de que non se cubran as prazas, poderá seguir aberta logo desta data.
  • A adxudicación das prazas será por sorteo o 1 de outubro.
  • Se precisas axuda para a inscrición, podes vir á Biblioteca ao mostrador de Información (1º andar) e axudarémosche (mañá e tarde).
  • Contactaremos coas persoas que obtiveron praza antes do inicio da actividade.

INFANCIA/MOCIDADE

CURSO DE LEGO WEDO
Dirixido a nen@s de 7 e 8 anos.

  • DURACIÓN DO CURSO: 10 sesións
  • PRAZAS: 12 prazas
  • HORARIO: de 10:30 a 12:00 h
  • DATAS DOS CURSOS: Todos os sábados. Días 19 e 26 de outubro, 9, 16, 23 e 30 de novembro, 14 de decembro, e 11, 18 e 25 de xaneiro
  • LUGAR: Sala Xuvenil. Biblioteca Provincial
  • INSCRICIÓN: na web da Biblioteca a partir do 7 de outubro a partir das 10:30h

CURSO DE ROBÓTICA E PROGRAMACIÓN
Dirixido a nen@s de 9 a 11 anos.

  • DURACIÓN DO CURSO: 10 sesións
  • HORARIO: de 10:30 a 12:00 h
  • DATAS DOS CURSOS: Todos os sábados. Días 19 e 26 de outubro, 9, 16, 23 e 30 de novembro, 14 de decembro, e 11, 18 e 25 de xaneiro
  • LUGAR: Sala Manuel López. Biblioteca Provincial
  • INSCRICIÓN: na web da Biblioteca a partir do 7 de outubro a partir das 10:30h

RESERVA DE PRAZA PARA AS ACTIVIDADES PARA A INFANCIA/MOCIDADE

  • A páxina para inscribirse ás actividades activarase o
  • luns 7 de outubro ás 10:30 h da mañá.
  • Poden inscribirse todos os socios/as na páxina web www.dacoruna.gal/biblioteca picando no apartado Actividades e despois, en Infancia Mocidade picar no formulario Inscrición Actividades Infantís Xuvenís e elixir o curso correspondente (ter o carné da biblioteca a man): 

ACCESO AO FORMULARIO DE INSCRICIÓN

  • Continuará aberta a inscrición ata que se cubran as prazas e a listaxe de agarda.
  • Nuns días, antes de comezar as actividades, publicarase na páxina web (no apartado actividades/ infancia mocidade) o listaxe cos números dos socios admitidos á actividade e as listas de agarda.
  • 12 prazas por curso. Reservarase unha praza por nen@ (agás irmáns)
  • Os cursos son totalmente gratuítos.
  • En caso de non poder asistir, por favor comunícao á biblioteca para poder cubrir a praza coa listaxe de agarda. A falta de asistencia leva a perda de praza.
  • Para calquera dúbida, chamar ao 981 080 171 ou escribir a biblioteca.infantilxuvenil@dacoruna.gal

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X