Estás en:Emprego Novas

Formoso reuniuse co xeneral Martínez Roca, novo xefe do Mando de Apoio á Maniobra do Exército de Terra

O xeneral de división Raimundo Martínez Roca vén de tomar posesión do cargo o pasado 5 de setembro e ten ao seu cargo máis de 12.000 militares

Formoso reuniuse co xeneral Martínez Roca, novo xefe do Mando de Apoio á Maniobra do Exército de Terra

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, recibiu esta mañá no seu despacho da institución provincial ai novo xefe do Mando de Apoio á Manobra (MAM) do Exército de Terra, o xeneral de división Raimundo Martínez Roca.

A reunión enmárcase na rolda de contactos institucionais que o xeneral está a a realizar con motivo da súa toma de posesión o pasado día 5 de setembro.

Formoso e o xeneral Martínez Roca departiron durante media hora das súas respectivas competencias. Ao remate da reunión, o presidente desexou os maiores éxitos profesionais ao novo xefe do MAM e ambos destacaron a importancia da coordinación entre institucións.

Raimundo Martínez Roca naceu en 1963 conta cunha dilatada carreira militar, con máis de catro décadas de experiencia. Nas últimos anos estivo ao fronte do mando directo de distintas forzas operativas e o seu último destino foi no Cuartel Xeral da OTAN en Bélxica como segundo xefe do Estado Maior para Área de Apoio.

Desde a sede coruñesa da MAM ten ao seu cargo máis de 12.000 militares.

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X