Estás en:Emprego Novas

A periferia da periferia: mulleres que miraron ao rural

Este ano o Día das Escritoras celébrase o 14 de outubro, baixo o lema "A periferia da periferia: mulleres que miraron ao rural". A Biblioteca Provincial está a realizar unha serie de actividades coas que sumarse a esta conmemoración. Esta mostra bibliográfica é unha delas.

A periferia da periferia: mulleres que miraron ao rural

O Día das Escritoras é unha iniciativa impulsada pola Biblioteca Nacional de España, xunto con outras entidades colaboradoras, coa que se pretende reivindicar o papel da muller na literatura. Como en anteriores edicións, a conmemoración pon o foco sobre un tema: o mundo rural.

A Biblioteca Provincial únese a esta celebración coa organización dunha mostra bibliográfica, na que se presenta unha selección de obras de diversas escritoras que abordan a temática escollida para este ano. Trátase de achegar ás persoas usuarias o labor das escritoras.

A mostra bibliográfica esta situada no primeiro piso da Biblioteca Provincial e pode visitarse durante o seu horario de apertura.

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X