Estás en:Emprego Novas
AUTORAS DA PROVINCIA| #AVoltaÁProvinciaEn52Autoras

Margarita Sánchez Yáñez

Esta semana, o destaque vai para Margarita Sánchez Yáñez, ferrolá que escribiu sobre a historia do Concello de San Sadurniño

Margarita Sánchez Yáñez

Margarita Sánchez Yáñez

Margarita Sánchez Yáñez naceu en Ferrol, e é unha historiadora galega especializada na época moderna.

Ten escrito sobre a historia de San Sadurniño. A historiadora comezou co proxecto a mediados dos anos 70, cando aínda era estudante, e desde aquela foi recollendo referencias e investigando en múltiples arquivos que a forneceron de material suficiente como para chegar no seu percorrido ata o tempo actual, algo que seguramente fará nun terceiro volume.

A través dunha laboriosa compilación de fontes documentais, a historiadora conta con gran detalle e rigor a evolución do territorio durante dous séculos que estiveron marcados pola influencia do clero e do marquesado, pero tamén polos tempos da desamortización e a convulsión sociopolítica que motivou a fin do Antigo Réxime.

Obra

  • Historia de San Sadurniño ata o século XVIII. A Coruña: Deputación da Coruña, 2015 [GAL/16924]
  • Historia de San Sadurniño: Os marqueses. A fin do Convento. Séculos XVIII-XIX. A Coruña: Deputación da Coruña, 2023 [LDC/83]
  • La concatedral de San Julián: una iglesia de la Ilustración en la nueva población de la MagdalenaFerrol : Embora, 2009. 
  • Historia del culto, cofradía y santuario de Nuestra Señora de las Angustias de Ferrol. [Salamanca] : M. Sánchez, [2007]. 
  • A historia ollada dende a estremadela N. O. de Galiza. S.l. : A autora, D.L. 1981.
  • O romance da urca de Santo Anton (1777): poesía en galego no Ferrol do século XVIII. Fundación Pedro Barrié de la Maza, 2012. [GAL/2339]

A autora nas Redes:

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X