Estás en:Emprego Novas

Igualdade da Deputación destinará 150.000 euros en 2025 para as políticas de xénero das entidades sen fins de lucro

As axudas por beneficiario serán de ata 28.000 €

O prazo de presentación de solicitudes está aberto entre o 16 de decembro deste ano e o 16 de xaneiro de 2025

Igualdade da Deputación destinará 150.000 euros en 2025 para as políticas de xénero das entidades sen fins de lucro

O BOP publicou a semana pasada a convocatoria do programa FOIO0B/2025 da Deputación da Coruña, de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para o investimento en políticas de xénero no ano 2025. A institución provincial repartirá 150.000 euros, cun máximo de 28.000 € por beneficiario.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto desde ás 8 horas de hoxe, 16 de decembro, ata as 14 horas do 16 de xaneiro de 2025, e a tramitación debe realizarse por vía telemática a través da plataforma SUBTEL, accesible dende a sede electrónica da Deputación.

As entidades poderán destinar o investimento a programas de loita contra a violencia de xénero e a programas de promoción da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, "alicerces das políticas do noso traballo en Igualdade da Deputación", sinalou a titular do departamento, Soledad Agra. "Con esta liña de axudas", engadiu, "podemos apoiar proxectos a prol do apoderamento e a participación social, do fomento da igualdade de xénero e do emprego en igualdade de oportunidades, e da conciliación e as posibilidades compartidas".

Para Agra, a liña de axudas tamén lles permitirá ás entidades "traballar na prevención, sensibilización e identificación da violencia de xénero, o mesmo que no tratamento integral das persoas en situación de violencia de xénero".

As bases da convocatoria poden consultarse e descargarse no BOP do 10 de decembro de 2024.

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X