Estás en:Emprego Novas

A Deputación achega case 180.000 euros para a renovación do céspede artificial do campo de fútbol Manuel Candocia, en As Somozas

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, e o alcalde Juan Alonso Tembrás asinaron hoxe o convenio para o financiamento das obras

A entidade provincial achega o 80% do investimento, que é de 223.854 euros

A Deputación achega case 180.000 euros para a renovación do céspede artificial do campo de fútbol Manuel Candocia, en As Somozas

A Deputación da Coruña achegará 179.083,56 euros para a renovación do céspede artificial do campo de fútbol Manuel Candocia, en As Somozas. O presidente provincial, Valentín González Formoso, e ao alcalde, Juan Alonso Tembrás, asinaron hoxe no Concello das Somozas o convenio de colaboración entre ambas institucións.

Con esta achega, a Deputación financia o 80% do custo total dos traballos, que contan cun orzamento total de 223.854,46 euros para a substitución do firme da instalación deportiva. A mellora arrincará coa retirada do actual céspede artificial para verificar o correcto estado da capa soporte antes de instalar o céspede artificial de última xeración para a práctica de fútbol.

Dito composto está composto por unha banda elástica prefabricada e composta de escuma de polietileno expandido, o céspede artificial, que conta con filamentos en verde tricolor de 45 milímetros de altura e un baseamento de dobre capa de propileno.

Este investimento de case 180.000 euros súmase aos 562.393,77 euros dos que o Concello das Somozas disporá en 2025 para financiar obras e servizos a través do Plan Único.

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X