Estás en:Emprego Novas
ebiblioDaCoruna Club Lector

Nova lectura na sala Compartindo lecturas

Desde hoxe e ata o 3 de febreiro leremos e partillaremos unha nova obra, dáte de alta na Biblioteca dixital e segue a Sala do Club para tomar parte:

  • Moderado por Patricia Cernadas
  • Do 9 de xaneiro ao 3 de febreiro
  • Título: "La mala costumbre" de Alana S. Portero
  • Accede aquí: https://ebiblioclub.dacoruna.gal/clubs/5c3ddf78b5c073c400760a29/contents/677f82d72104ed608850d2a0
Nova lectura na sala Compartindo lecturas

Hoxe iniciamos unha nova lectura na sala "Compartindo lecturas", no Club de lectura virtual da Biblioteca provincial da Deputación da Coruña.

Narrada desde unha singular e desgarradora voz en primeira persoa, "La mala costumbre" percorre a adolescencia dunha nena atrapada nun corpo que non sabe habitar, que tenta comprenderse a si mesma e ao mundo no que vive, desde a súa infancia nunha familia de clase obreira no barrio de San Blas, arrasado pola heroína nos anos oitenta, ata as noites clandestinas no centro de Madrid dos noventa. Como nunha versión bastarda da viaxe do heroe, ionquis, divas pop e anxos caídos acompáñana nunha viaxe vital no que, ao final, serán outras mulleres quen lle axude a superar a violencia que atopa a cada paso.

La mala costumbre é unha novela crúa e feroz, pero tamén poética e conmovedora, na que os extremos se tocan para mostrarnos por que o resentimento e a rabia contra o sistema son completamente válidos para sobrevivir nunha sociedade que non acepta aos que son diferentes.

Dona dun universo creativo único no que conviven o teatro, a historia clásica e o activismo, Alana S. Porteiro debuta na ficción con esta novela cegadora que se converteu nun fenómeno editorial internacional antes da súa publicación.

---

Podes escoitar a banda sonora da novela en: https://open.spotify.com/playlist/0gQEfjdfg1iInLPl5JPoho?se=rirNC6yaRsautEDcBe27GA

Máis información sobre o noso Club de lectura en: https://dacoruna.gal/biblioteca/ebibliodacoruna/ebibliotecadacoruna-club-lector/

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X