Estás en:Emprego Novas

O compostelán centro Maruxa e Coralia acollará este sábado a xornada para docentes ‘Fai memoria’

O obxectivo desta iniciativa da área de dereitos civís da Deputación é "fornecer recursos, formación e información sobre memoria histórica, así como impulsar o intercambio de experiencias entre docentes", sinalou a deputada, Soledad Agra

As inscricións poden realizarse a través do correo electrónico faimemoriaxornada@gmail.com

O compostelán centro Maruxa e Coralia acollará este sábado a xornada para docentes ‘Fai memoria’

O Centro 'Maruxa e Coralia', de Santiago de Compostela, acollerá este sábado a xornada de formación para docentes 'Fai memoria', impulsada pola área de dereitos civís da Deputación que lidera a deputada, Soledad Agra. O obxectivo da iniciativa é "aportar recursos, formación e información sobre memoria histórica, así como impulsar o intercambio de experiencias entre docentes", sinalou Agra. As persoas interesadas en participar poden inscribirse a través do correo electrónico faimemoriaxornada@gmail.com.

"Hai partes, situacións e figuras do noso pasado que se están invisibilizando, e que forman parte da defensa duns valores dos que hoxe podemos desfrutar", afirmou a deputada. "Por iso é fundamental ofrecerlle aos docentes recursos para abordar este tema nas aulas e reflexionar acerca do pasado para evitar que no presente se repitan determinadas historias".

A literatura como recurso para a memoria
Diferentes autoras explorarán a literatura como recurso para a memoria, centrándose no teatro, a novela, a poesía e o álbum ilustrado. Pilar Sampedro comezará presentando a guía 'Memoria Histórica na LIX galega'. Posteriormente haberá unha mesa con Paula Carballeira, autora de As alumnas (Premio Nacional de Teatro) e Daniel no Peirao; Iria Morgade, autora de Quen escribirá a miña historia?, que falará sobre "A memoria debuxada"; Carme Vidal (O triángulo vermello, a historia de Mercedes Núñez), que impartirá a charla "Pequena Memoria"; Susana Aríns, sobre "Poesía e memoria familiar: Seique", e Carmen García Facorro e Javier Castiñeira García, de Amorodio Teatro, que abordarán "A memoria silenciada das irmáns Touza: A nai".

Experiencias de memoria nas aulas
Máis tarde, haberá unha mesa na que diferentes centros e asociacións compartirán experiencias sobre o tratamento da memoria nas aulas. Serán o IES plurilingüe Xosé Neira Vilas (A Coruña); o IES Sánchez Cantón (Pontevedra); a AC Alexandre Bóveda (A Coruña) e Feminismos no Tempo.

Xornada de tarde
Pola tarde, haberá unha ruta pola memoria das mulleres en Compostela a cargo de Encarna Otero; unha sesión sobre memorias invisibles con Daniela Ferrández ("A historia da disidencia sexual galega") e Cristina López Villar ("Mulleres pioneiras no deporte") e a exposición de 'Sinaladas. Represión e loita das mulleres no século XX', con Montse Fajardo, Beatriz Maceda e Eli Ríos.

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X