#8Mulleres8Lecturas

Comezamos este mes de marzo mirando cara o Día Internacional da Muller, porque este ano regresamos cun nova edición do reto 8M, un pequeno xogo de preguntas en forma de reto a través do cal releremos lecturas actuais apaixonantes, esas que deixan pegada na nosa memoria.
Desta volta aproveitamos que a nosa Biblioteca cumpre 180 anos de historia, para botar un ollo atrás e homenaxear a algunhas mulleres célebres da provincia, aquelas mulleres que destacaron na historia: mestras, escritoras, xornalistas, cantantes, actrices e outras pioneiras.
O reto consiste en contestar 8 preguntas relacionadas con obras sobre mulleres coñecidas da provincia e podedes facelo de dúas maneiras: ou ben a través das nosas redes sociais nas que cada día, ata o 8 de marzo, publicaremos unha pregunta ; ou ben contestalas no cuestionario en papel que atoparedes na biblioteca e entregalo no mostrador, tedes ata o 8 marzo.
As primeiras persoas que acerten todas as preguntas (sexa nas redes sociais ou entregando o cuestionario en papel) terán un agasallo esperando na Biblioteca!
Anímate a participar no noso reto 8M!