Encontro dixital con Paula Carballeira
Para pechar a lectura que está a desenvolverse na sala "Arredor dos libros" da eBiblioDaCoruna, teremos un encontro coa autora Paula Carballeira para comentar "As alumnas"

Ao longo deste mes estamos a ler e comentar, no Club Lector da eBiblioDaCoruna, a obra ganadora do Premio Nacional de Literatura Dramática 2023 e o Premio Follas Novas 2023 á mellor Obra de teatro: As alumnas, de Paula Carballeira.
Para o remate da obra, propoñémosvos un encontro virtual coa autora para comentar a obra. Pode acceder calquera persoa interesada, que teña unha conta na eBiblioDaCoruna.
Lembra:
- Autora: Paula Carbelleira
- Obra: "As alumnas"
- Día: 24 de abril
- Hora: Ás 20 h.
- Onde: eBiblioDaCoruna Club
- Acceder: https://meet.google.com/hia-bnva-smy
Sobre a obra
Elvira Fontao e Rosa Lires, antigas alumnas de María Barbeito, volven atoparse na data da morte da mestra, no ano 1970. Xa son mulleres. Atrás queda a infancia, o mundo que lles abriu a mestra antes de que o Comité de Depuración a afastase do seu traballo na escola. Así, a memoria, as lembranzas que se van desenvolvendo neste xogo de persoas adultas que é o teatro, fannos descubrir como as decisións que se tomaron, e o medo e a rebeldía, marcan o seu destino.
eBiblioDaCoruna Club Lector
Dáte de alta na Biblioteca dixital e segue a Sala do Club para tomar parte.
Explicámosche como aquí: https://dacoruna.gal/biblioteca/ebibliodacoruna/ebibliotecadacoruna-club-lector/